Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG afirma que para Medio Rural Cervo é prioritario na axuda dos destrozos causados polo Klaus

Nota de Presna

O BNG ACLÁRALLE AO ALCALDE QUE PARA MEDIO RURAL CERVO É PRIORITARIO NA AXUDA PARA LIBERAR AS PISTAS DOS DESTROZOS CAUSADOS POLO KLAUS

En Cervo traballaron tres brigadas do SEAGA despois do temporal e unha continúa os seus traballos apoiada por una pala retroescavadora.

O que lle costa aos cervenses as dúas persoas do gabinete de prensa do alcalde estaría mellor investido en atender as demandas dos veciños e veciñas.

Cervo, 9 de febreiro de 2008. O BNG recrimina ao alcalde de Cervo as continuas queixas pola falla de apoio das administracións para recuperar a normalidade após o temporal sufrido nos días 23 e 24 de xaneiro. Dende o BNG queda claro que Cervo é un dos concellos da Mariña mais afectados polo temporal, e así se entendeu dende a Consellaría do Medio Rural que dispuxo, nun primeiro momento, a presenza de tres brigadas do SEAGA dependente da Consellaría nacionalista e unha continúa traballando en Cervo apoiada por unha maquina retroescavadora para a limpeza e despexe de pistas asfaltadas e forestais que xa despexaron zonas de Sargadelos, Cervo, Lieiro e Castelo e continuarán co resto do territorio municipal.

TODAS AS BRIGADAS DISPONIBEIS TRABALLAN NOS MONTES DA COMARCA.

A Consellaría do Medio Rural, consultada polo BNG de Cervo, informou que todas as brigadas do SEAGA e persoal directo da Consellaría nacionalista están operativas e traballando nos diferentes concellos da comarca mais afectados, de acordo con criterios de prioridade en función dos danos causados. Chama a atención que o alcalde obvie o traballo destas brigadas, deixándose levar polo furor electoral apoiado polo excepcional gabinete de prensa que pagamos todos os veciños e veciñas de Cervo.

O ALCALDE FAI CAMPAÑA CONFUNDINDO AOS VECIÑOS CO DECRETO DA XUNTA PARA AXUDAS A DAMNIFICADOS POLO TEMPORAL.

O Sr. Villares trata de confundir aos damnificados que acoden ao concello a deixar constancia dos danos sufridos polo temporal, cando aínda non se publicaron todas as ordes de axudas, e sen estudar polo miúdo nin informarse de forma rigorosa sobre os pormenores do decreto aprobado pola Xunta de Galiza, mentres paralelamente defende a declaración de zona catastrófica, cando esta figura causar mais prexuízos que beneficios á maior parte dos damnificados.

O BNG lémbralle ao alcalde e aos veciños que existe unha oficina de información instalada pola Consellaría de Innovación e Industria na Casa do Mar Burela, onde informan tanto da orde de axudas relacionada con temas de xestión directa da consellaría, e tamén de outras consellarías como a de Vivenda e Solo; ademais nas oficinas dos distritos forestais poden consultarse as disposicións incluídas no decreto pola Consellaría do Medio Rural.

Exit mobile version