Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG denuncia o boicot que o goberno de Barreiros lle está facendo á comisión de seguimento das obras da A-8

NOTA DE PRENSA (FNC)

O BNG DENUNCIA E CRITICA O BOICOT QUE O EQUIPO DE GOBERNO LLE ESTÁ A FACER Á COMISIÓN DE SEGUIMENTO DAS OBRAS DA A-8. OS NACIONALISTAS MANTERÁN A VINDEIRA SEMANA ENCONTROS COS VECIÑOS AFECTADOS.

Barreiros, 27 de febreiro de 2009. O BNG de Barreiros critica “o boicot que desde o goberno local do Concello de Barreiros se lle está facendo á comisión de seguimento das obras da autovía, comisión que fora fomentada e proposta polo grupo municipal do BNG. Ese boicot estálles xerando moitos problemas aos veciños de San Cosme e aos de San Miguel, curiosamente provocando nalgúns casos roces ou enfrontamentos entre veciños que non terían porque existir se estes problemas se solucionasen desde un principio, no caso de San Miguel”. Os nacionalistas engaden que “no caso de San Cosme dirixíronse a nós en máis dunha ocasión os veciños afectados polo corte dun camiño que foi interrumpido cun dos accesos á autovía desde o Pozomouro co cal teñen que dar unha volta longuísima ou pasar pola N-634 outra vez sen darlles ningunha outra alternativa de facer unha vía de servizo ata onde haxa unha ponte e se poida pasar. E están cansos estes veciños, segundo nos dicían, de dirixirse ao Concello e de non atopar ningunha solución”.

Ao grupo municipal do BNG chámalle a atención que “este problema non fora levado a pleno por parte do Concello e que o alcalde pase olímpicamente e que deixe aos veciños de San Cosme desamparados e neste caso máis que desamparados vendidos. E nós como xa dixemos en máis dunha ocasión trataremos de defender os intereses dos veciños independientemente de que siga adiante a comisión de seguimento ou non. Por eso a vindeira semana tentaremos reunirnos con estes veciños afectados e conxuntamente con eles dirixirnos ao Concello se serve de algo e senón directamente xa a Fomento, á Demarcación de Estradas ou ás propias empresas, que todo hai que dicilo, amosan unha boa predisposición a solucionar todos os problemas que haxa”.

Os nacionalistas non entenden “como esa boa predisposición por parte das empresas é rexeitada polo Concello. O Concello tiña que estar liderando esas demandas dos veciños diante das empresas que polo de agora se están portando moi ben co Concello de Barreiros, outra cousa é que o Concello non esixa todo o que hai que esixir, pero ese traballo é o que vai facer a partires de agora o BNG xa que desde a alcaldía se pasou olímpicamente das demandas veciñais e esto traerá consecuencias máis adiante si as augas non quedan ben canalizadas ou si os camiños non quedan debidamente habilitados. Entón teremos que lamentarnos despois pasado un tempo cando se pode agora deixar todo solucionado para que cando acaben as obras da A-8 os accesos e o demáis queden en perfecto estado”.

Exit mobile version