Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG pídelle ao concello de Barreiros que axilice os trámites para abrir a nova oficina de correos

NOTA DE PRENSA (FNC)

O BNG PÍDELLE AO CONCELLO DE BARREIROS QUE AXILICE OS TRÁMITES PENDENTES PARA ABRIR EN BREVE A NOVA OFICINA DE CORREOS.

Barreiros, 20 de febreiro de 2009. O Bloque Nacionalista Galego pídelle ao Concello de Barreiros que axilice os trámites pendentes para abrir o antes posible a nova oficina de Correos. O voceiro nacionalista, Antonio Veiga, sinala que “un ano despois de remataren as obras de construcción dunha nova oficina de correos no centro de San Cosme, e tendo o local xa todos os equipamentos correspondentes, a oficina sigue sen abrir ao público”.

Os nacionalistas apuntan a que “os impedimentos para a súa apertura, parece ser que son de índole administrativo, relacionados coa concesión da licencia de apertura que ten que expedir o concello de Barreiros, polo que o BNG insta á alcaldía a axilizar os trámites correspondentes para que os barreirenses poidan dispoñer no mais breve espazo de tempo posible deste servizo”.

Veiga Outeiro lembra que “a construcción desta nova oficina de Correos para mellorar o servizo en Barreiros foi posible grazas a unha enmenda aos orzamentos xerais do Estado do 2007 presentada polo senador nacionalista e agora deputado no Congreso, Francisco Jorquera, e a través da cal se conseguiron 70.000€ para mellorar dito servizo en Barreiros. Nese mesmo ano 2007, Francisco Jorquera, xunto co parlamentario Manuel Parga e os concelleiros do BNG de Barreiros reuníranse cos veciños para escoitar as súas demandas ao respecto”.

Os nacionalistas barreirenses anuncian que “o BNG esixirá pois ao Concello que acelere os trámites para que este servizo se poña en funcionamento o antes posible”.

Exit mobile version