Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG propón un plan de reinserción laboral para a Mariña

NOTA DE PRENSA (FNC)

O BNG TERÁ LISTO EN MARZO UN PLAN DE REINSERCIÓN LABORAL E DE PROGRAMAS DE FORMACIÓN PARA A MARIÑA. UN PLAN CO QUE MOITAS EMPRESAS PODERÁN FACER FRONTE Á CRISE ECONÓMICA QUE ESTÁN A SOFRIR.

A Mariña, 25 de febreiro de 2009. O BNG comprométese a ter listo en marzo un plan específico para A Mariña de reinserción laboral, de recolocación e de programas de formación para os sectores económicos da comarca que máis están a sofrir a crise económica e a situación de paro. Manuel Parga, nº 3 da lista dos nacionalistas por Lugo, sinala que irá “nomeadamente destinado ás empresas auxiliares do aluminio, ao sector da construcción e ás pequenas e medianas empresas que están a sofrir en carne propia unha crise económica da que non culpables”.

Os nacionalistas tentarán levar adiante este plan “de acordo cos sectores sociais e económicos da nosa comarca para relanzar a actividade económica na mesma. Hai xa propostas enriba da mesa que van dar resultado nos nichos de emprego nos servizos sociais; no desenvolvemento do plan de vivenda, do concurso eólico e no plan de industrialización”. Parga considera que “son propostas positivas que están aí e que van ser un obxectivo tamén para que A Mariña sexa un factor de desenvolvemento no conxunto da provincia de Lugo e que pelexaremos e poñeremos todos os nosos recursos para que os traballadores e traballadoras desta comarca vexan equiparados os seus salarios coa media dos salarios tanto de Galiza coma do Estado. O BNG tamén vai poñer todos os recursos e os medios ao seu alcance para aumentar as prestacións por desemprego a todas as persoas que se atopen nesa situación. Ésta vai ser a nosa aposta en relación coa crise económica”.

O BNG, segundo Manuel Parga, “é o único que está a facer propostas de futuro en positivo. Propostas de futuro e de esperanza para saír desta situación complicada, pero que co esforzo de todos con valentía e sen ataduras poderemos afrontar. Nós temos ilusión e esperanza e non a catástrofe que anuncian outros”.

Exit mobile version