Site icon Crónica3.com A Mariña

O martes chegará a Ribadeo o autobús da rede de dinamización da sociedade da información

RIBADEO (FNC) .- O martes 10 de febreiro chega a Ribadeo un autobús informativo sobre a Rede de Dinamización da Sociedade da Información. Este bus está equipado con computadores con sistema operativo libre e conexión a internet, aos que a xente pode acceder libremente. Desenvolverase tamén algún obradoiro, proxectaranse vídeos sobre a Rede e tamén se repartirán folletos informativos á poboación. A finalidade deste autobús é seguir achegando as Novas Tecnoloxías á Sociedade da Información a toda Galicia.

O autobús estará no Parque de San Francisco de 12 da mañá a 20:00 da tarde. Os interesados en obter máis información sobre esta actividade poden contactar co seguinte número de teléfono: 982 120 732.

Exit mobile version