Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP afirma que o paro afecta a 3.993 persoas na Mariña

NOTA DE PRENSA

Así o acreditan os datos oficias do INEM que poden ser consultados na web da Consellería de Traballo

EN XANEIRO, CADA DÚAS HORAS, UN MARIÑÁN PERDEU O SEU POSTO DE TRABALLO
  • O desemprego afecta xa a 3.993 persoas na nosa comarca, despois de que no primeiro mes do ano en curso 372 mariñáns convertéranse en parados.
  • De feito, aqueles que falaban de taxas de paro do 4% para xaneiro de 2009 atópase agora con índices próximos ao 10%, unha cifra moito máis negativa que a rexistrada como incremento medio na provincia, en Galicia e no conxunto de España.
  • Hoxe temos 847 parados máis que fai doce meses e o Goberno de Touriño, Quintana e de Ricardo Varela está desaparecido

A Mariña, 05 de febreiro de 2009.- O pasado mes de xaneiro, cada dúas horas, un veciño da Mariña perdía o seu emprego. Esta alarmante estatística que implica un deterioro da situación económica de moitas familias aparece acreditada polos datos oficias sobre paro rexistrado coñecidos nos últimos días e que foron obxecto de análise en rolda de prensa polo candidato mariñán do Partido Popular de Galicia Jose Manuel Balseiro Orol. O dirixente popular explicou que o número de desempregados na nosa comarca está a piques de superar á barreira das 4.000 persoas despois de que 372 veciños e veciñas da Mariña perderan o seu posto de traballo no primeiro mes de 2009.

A DESTRUCIÓN DE EMPREGO CHEGOU CON TODA A SÚA INTENSIDADE

Falando en termos porcentuais, nos primeiros trinta e un días do ano en curso, o paro creceu un 9,7% na nosa comarca. Esta cifra supera amplamente o porcentaxe de incremento do desemprego no conxunto da provincia, é moito peor que a media autonómica e moito máis negativa que a rexistrada no conxunto de España. Despois de coñecer estes datos, resulta máis evidente –segundo Balseiro Orol- que as políticas da Xunta e do Goberno central para frear a destrución de emprego fracasaron estrepitosamente, e que o forte ritmo de destrución de postos de traballo chegou en toda a súa plenitude á Mariña lucense. De feito, aqueles que falaban de taxas de paro do 4% para xaneiro de 2009 atópase agora con índices próximos ao 10%

Porcentaxe de variación mensual Diferenza
A MARIÑA 9,67
LUGO 8,38 -1,29
GALICIA 6,01 -3,66
ESPAÑA 6,35 -3,32

Unha vez máis, o desemprego afecta a todos os sectores produtivos: Hai 799 parados no sector servizos, 123 no ámbito industrial, 190 na actividade da construción, 144 no colectivo sen emprego anterior, e 75 no ámbito da agricultura e da gandería.

En todos estes sectores a variación do paro no último mes arroxa tamén un resultado negativo. O desemprego afecta de xeito especial ás mulleres que xa representan o 57% do total de persoas en paro.

Agricultura Ganderia Industria Construción Servizos Sen emprego anterior
+32,5% +32,0% +75,4% +27,6% +3,3%

Comarca Total persoas Total homes Total mulleres
A MARIÑA CENTRAL 1.516 664 852
A MARIÑA OCCIDENTAL 1.622 663 959
A MARIÑA ORIENTAL 855 393 462
TOTAL 3.993 1.720 2.273
persoas 43% do total 57% do total

CÓMPUTO ANUAL

Balseiro Orol apuntou que no último ano (xaneiro 2008-xaneiro 2009) a destrución de emprego aumentou nun 30%, polo que hoxe temos 847 parados máis que fai doce meses e, pese a iso o Goberno de Touriño, de Quintana e de Ricardo Varela, máximo responsable das políticas activas de emprego en Galicia, está desaparecido. Precisamente esta falta de reacción dos actuais dirixentes da Xunta implica que os mariñáns estean a sufrir os efectos da crise multiplicados por dez. A esta situación contribúen as políticas de división e descordinación do bipartito.

Finalmente, Balseiro ofrece exemplos específicos do “drama” do paro na Mariña: 500 desempregados en Foz, 221 en Mondoñedo, 514 en Burela, superada a barreira do millar en Viveiro (1.092 persoas) e 572 en Ribadeo.

Exit mobile version