Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela asegura que Vicepresidencia xoga co risco dos seus traballadores

NOTA DE PRENSA
O PP asegura que Vicepresidencia xoga co risco dos seus traballadores.

Os populares afirman que o persoal da gardería estivo onte luns no centro hasta mediodía coas actividades suspendidas e co temporal arreciando.

Consideran que a Xunta debe reparar inmediatamente o teito do edificio.

O PP de Burela asegurou hoxe a través dunha nota de prensa que onte, luns, as vinte traballadoras da gardería de Burela estiveron no Centro, no medio do temporal, sen que o Consorcio de Servicios Sociais, dependente de Vicepresidencia da Xunta de Galicia lles ordease evacuar, dadas as circunstancias que afectan a este inmoble.

Os populares lembran que parte do teito da gardería está cuberto por unha lona desde hai meses, e non está previsto arranxalo hasta o verán, o que demostra “o alto grao de eficacia” do bigoberno galego, que debería de abordar de inmediato tal actuación. De feito, durante o anterior temporal a lona quedou totalmente levantada e mesmo rota e houbo que volver a colocala. Onte, luns, este problema podíase volver a producir, co conseguinte risco de que as fortes rachas de vento seguiran esnaquizando o tellado do edifício. A esta circunstancia hai que sumar a presencia de árbores nas inmediacións do recinto, que en condicións de vento normais non causan problemas pero que coas rachas vividas onte poden ocasionar que esgacen e caian mesmo riba do edifício.

Pois ben, ainda que os nenos non acudiron á gardería, o persoal estivo na mesma ata máis de mediodía, vendo como a situación de risco ía en aumento e como en calquera intre a lona que tapa o edifício podía desaparecer e os árbores caer.

O persoal da gardería tiña orde de permanecer no centro, e só despois de varias chamadas telefónicas lles foi permitido sair do mesmo.

Para os populares, e ainda tendo en conta que unha situación de risco non é para nada igual para un neno destas idades que para um adulto, esto é un claro contrasentido, porque se se suspende a actividade docente, a suspensión afecta tanto a alumnado coma ó persoal do centro, xa que a situación de risco, dentro do recinto escolar, está presente mentres dure a situación de fenómenos adversos. Como moito, debería quedar o persoal directivo para asegurarse de que os pais ou nais se enteraron efectivamente da suspensión da actividade, e en tanto en canto esto non acontece, pero a partires de aí o centro debería estar totalmente vacío, como acontece nos centros que dependen da Consellería de Educación.

A pregunta que nos facemos desde o PP é mui sinxela, quen asumiría a responsabilidade se se produce un accidente dunha das traballadoras por mor do temporal dentro do recinto da gardería?

Para o PP, esto demostra o alto grao de irresponsabilidade no que está inmersa a Vicepresidencia da Xunta e a Xunta en xeral. Cando foi de poñer en funcionamento a ampliación da gardería puñeron cento e unha mil trabas, pero non lles importa xogar co risco do persoal do centro en situacións coma a de onte, luns.

Exit mobile version