Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP vaticina que o PSOE usará electoralmente as obras de reforma de xinecoloxía no Hospital da Costa

Nota de Prensa

O PP asegura que o PSOE usará electoralmente as obras de reforma de xinecoloxía.
Os populares lembran que tampouco comenzaron as obras de campo de fútbol artificial da Marosa.
Afirman que PSOE e BNG rinse dos veciños.

O PP de Burela manifestou hoxe mediante unha nota de prensa que as obras de reforma no Hospital da Costa na área de tocoxinecoloxía ainda non comenzaron e todo apunta a que comenzarán na última semana do mes, nun claro intento do PSOE de facer política con esta obra, obra que non é para nada unha ampliación do hospital senon unha modificación puntual da indicada área.
Esto demostra, segundo os populares, que nin PSOE nin BNG cumpliron a súa promesa de ampliar o Hospital nestes últimos catro anos, e agora farán electoralismo cunha obra menor, que tampouco esconde o escándalo das listas de espera.
Igualmente, o PP lembra que, dous anos despois de que o goberno popular de Burela pedise unha subvención para o campo de fútbol artificial na Marosa, esta obra, anunciada polos representantes do BNG a bombo e platillo, tampouco comenzou, e todo apunta a que demostrarán a súa incompetencia arrancando tamén en plena campana electoral, ríndose uns e os outros unha vez máis dos veciños e dos aficionados ó deporte, que seguramente saberán valaror adecuadamente o traballo feito por esta xente nos últimos catro anos, e que foi igual a cero. Tanto é así, que en materia de deporte o BNG en Burela ainda non fixo nada, despois de catro anos na Xunta e de vinte meses no concello.

Exit mobile version