Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Cervo solicita a visita dos delegados de Medio Ambiente

NOTA DE PRENSA:

O Grupo Municipal Socialista solicita a visita dos delegados de M. Ambiente e Política Territorial

A finalidade é supervisar o estado das obras e os danos producidos polo temporal

O Grupo Municipal Socialista solicitou a visita ao Concello de Cervo dos delegados de Política Territorial Daniel Nuñez e o de Medio Ambiente Eduardo Vidal para supervisar a execución dos traballos de limpeza e acondicionamento dos ríos Xunco e Cobo.

As obras consisten no desentullo e limpeza nas zoas de servidume cun orzamento total para o Concello de Cervo de 75.000€, esta obra responde as inquedanzas no so dos veciños do Concello de Cervo senón de toda a comarca como dixo o propio delegado de Medio Ambiente e que esta actuación e unha parte da que se esta a realizar na Mariña cun orzamento total de 500.000€ que se pretende que teñan continuidade ata xuño do presente ano, por outra banda con esta actuación estase a xerar emprego e son 90 persoas as que están a executar estas obras por toda a Comarca tanto nos ecosistemas e espazos naturais fluviais como Rede Natura.

Aproveitando a visita dos delegados mantívose unha reunión cos veciños da Senra na que se lles explicou o compromiso da Consellería de Medio Ambiente de financiar o proxecto de Saneamento que presente o Concello cun orzamento de 500.000€ para a depuradora e os colectores que se ten previsto ubicar na senra, este proxecto será complementario as actuacións do consorcio de augas Cervo-Burela tamén cofinanciado pola Consellería de Medio Ambiente.

Froito do forte vento sufridos na tarde de onte caeron catro eucaliptos na zoa de Figuerido no río xunco e o propio delegado comprometeuse a retirada dos mesmos do mesmo xeito que aconteceu a pasado 25 de xaneiro.

O delegado de Política territorial supervisou as estradas de competencia autonómica para ver a limpeza feita das marxes e das propias estradas co motivo do temporal.

Exit mobile version