Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE do Valadouro comunica a visita do Delegado provincial de Medio Ambiente

NOTA DE PRENSA:

O delegado provincial de Medio Ambiente Sr. Eduardo Vidal e mais o delegado provincial de Politica Territorial Sr. Daniel Nuñez Segade, visitaron o Concello de OValadouro para comprobar o estado dos diferentes investimentos que están executándose no noso Concello. O Sr. Eduardo Vidal ademais de comprobar a limpeza do Pozo da Onza por parte da Consellería de Medio Ambiente, reseñou tamén a firma do convenio co o Concello de O´Valadouro para adquisición do camión de recollida do lixo. Dito convenio firmarase nesta mesma semana, con un importe de 120.000 €. Confirmar tamén a segunda fase para la rehabilitación de dúas fontes. O Sr. Nuñez Segade comprobou o estado das obras da estrada Ferreira – Foz. Así mesmo confirmaron o aumento de obra para a construción das aceras dende a rotonda ata o campo de fútbol e o comezo inminente da mellora do firme da estrada Ferreira – Cangas.

Exit mobile version