Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE informa que o alcalde de Burela explica aos veciños as obras do Plan Estatal

NOTA DE PRENSA:
O Alcalde de Burela , Alfredo Llano , segue a explicarlles os vecinos as obras que se levarán a cabo cos fondos do Plan Estatal de Inversión Local e que no caso de Burela ascenden a máis de 1.500.000,00 €.

O venres pasado reuneuse cos vecinos da zona dos Castros no bar “Bitácora” e o luns dia 9 no restaurante “O Poeta” reuneuse cos da zona do Campón , en ambolos dous días , a participación foi moi importante tanto polo número de vecinos asistentes como polas propostas que fixeron de cara a un mellor desenrolo do pobo asi como a felicitación ao Alcalde polas obras que se acometerán con dito Plan.

O martes dia 10 , as 20:00 horas no restaurante “Os Remos” , serán os vecinos da zona da Rúa do Rio os que terán información das obras desa zona.

O mércores dia 11 a mesma hora , serán os vecinos da Vila do Medio e Vilar , na casa Correa os informados , e para rematar esta serie de contactos , será o xoves dia 12 tamén as 20:00 horas no bar Arenal para todolos vecinos da zona centro de Burela.

Exit mobile version