Site icon Crónica3.com A Mariña

Os candidatos do PP animan á participación nas eleccións

NOTA DE PRENSA:
Alberto Núñez Feijóo está preparado para asumir a responsabilidade de presidir a Xunta de Galicia, demostrar que paga a pena todo isto, e para devolver a ilusión a este país
OS CANDIDATOS POPULARES ANIMAN A UNHA PARTICIPACIÓN MASIVA DOS MARIÑÁNS NOS COMICIOS DO VINDEIRO 1 DE MARZO PARA RECARGAR GALICIA

* Dirixiuse de xeito especial aos que se senten defraudados polo bipartito aos que lles animou a sumarse ao proxecto de cambio que representa o novo equipo do Partido Popular.

A Mariña, 13 de febreiro de 2009.- O candidato número tres do Partido Popular pola provincia de Lugo, Jose Manuel Balseiro Orol, iniciou a campaña electoral coa tradicional pegada de carteis que tivo lugar nos taboleiros dispostos con este obxecto nas inmediacións da Casa do Mar de San Ciprián. Pola súa parte a candidata Enma Álvarez fixo o mesmo no seu municipio de residencia Lourenzá.

Balseiro pediu o voto de todos os mariñáns para a candidatura que encabeza Alberto Nuñez Feijóo. Dirixiuse de xeito especial aos que se senten defraudados polo bipartito, aos que lles animou a sumarse ao proxecto do cambio que representa o novo equipo do Partido Popular. Tamén tivo unha lembranza para os que lles votaron sempre, para dicirlles que o novo Goberno de Feijóo estará á altura das súas expectativas; e dirixiuse tamén aos que deixaron de votar ao PP, para dicirlles que durante estes anos aprenderon dos seus propios erros e reafirmaron o seu compromiso por ampliar o benestar dos veciños da Mariña e do resto dos galegos. Finalmente, o candidato popular animou aos que nunca votaron a amosar o seu apoio ao proxecto de Feijóo, xa que merece a pena sumarse a esta iniciativa chea de ilusión.

O PPdeG anima a unha participación masiva nos comicios do vindeiro 1 de marzo, co convencemento absoluto de que todos e cada un dos votos, reforzan a esa persoa única chamada Galicia.

Exit mobile version