Site icon Crónica3.com A Mariña

Os comerciantes de Ribadeo repartirán 1.500 euros en premios para o día de San Valentín

RIBADEO .- ACISA/CCA pon en marcha unha nova campaña coa chegada de San Valentín que suporá a repartición de 1.500 euros en premios para gastar o día 14 de febreiro.

As persoas que efectúen as súas compras nos establecementos comerciais de Ribadeo desde onte 4 e ata o próximo día 11 de febreiro “recibirán unhas papeletas que deberán cubrir pondo os seus datos persoais e o seu número de teléfono, e que entrarán no sorteo que celebraremos o día 12 pola tarde”, explica a xerente do Centro Comercial Aberto, Beatriz Irigoyen.

O afortunado co premio de 1.000 euros gozará dunha cea e dunhas copas en varios locais de hostalería de Ribadeo o día de San Valentín “e o resto do diñeiro deberá gastarllo en compras a efectuar tamén durante a mesma xornada. Hai outros cinco premios de 100 euros cada un que aquelas persoas ás que lles toque deberán consumir nos locais de hostalería de Ribadeo, ben nunha cea ou ben invitando a uns amigos a unhas copas nos bares, pubs e restaurantes da localidade o mesmo día 14 de febreiro”, engade a xerente do CCA.

Exit mobile version