Site icon Crónica3.com A Mariña

Para o PP o presidente da Deputación fai anuncios que non cumpre

NOTA DE PRENSA:
BARCIA: “BESTEIRO DEBERÍA FACER MENOS PROMESAS E CUMPRIR ALGUNHA COUSIÑA DO QUE ANUNCIA”

* O voceiro adxunto do GPPP critica que na orde do día da xunta de goberno de mañá non se inclúa a anunciada contratación do material para os parques comarcais de bombeiros

Lugo, a 5 de febreiro de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular asegura que o Presidente da Deputación adicouse a “facer anuncios sobre a marcha” durante a súa recente visita á Mariña como demostra o feito de que na orde do día da xunta de goberno de mañá non se inclúa o punto ó que el aludiou de que se ía proceder á contratar material para os cinco parques comarcais de bombeiros.

Para o voceiro adxunto do GPPP José María Gónzalez Barcia, que Gómez Besteiro aproveite os seus percorridos pola provincia para “facer demagoxia e anuncios electorais é lamentable, e máis se despois eses anuncios non se levan a efecto nin sequera nunha cousa tan simple como incluir un asunto na orde do día, tendo en conta que el é o Presidente da Deputación e é, por tanto, o único con autoridade para establecer os asuntos a tratar”.

“É preciso que Besteiro e o seu equipo se poña a traballar en serio é faga as cousas con rigor e sentido”, engadiu Barcia, quen insistiu en que a posta en marcha dos parques de bombeiros é unha necesidade é unha boa noticia “si, cando menos, se cumple a cuarta parte do que anuncia a bombo e platillo”.

“Un bombo e plantillo que agardamos”, insiste Barcia, “ que non siga a mesma senda que os cinco camións que luciron durante todo un día didiante do pazo provincial e que despois, e ata o día de hoxe, acabaron guarecidos nun garaxe e, polo tanto, totalmente inoperativos”, engadiu.

O voceiro adxunto do GPPP tamén se referiu ás nevadas desta pasada noite indicando que varias estradas da provincia “permaneceron cortadas xa a mediodía”, o que parece indicar que o responsable da área, o Sr. Martínez, “non ten todo tan controlado no que atinxe ós problemas que provocan as nevaradas, nin é tan eficaz o servicio, nin éste é tan excelente como el predica con tanta vehemencia nos plenos da Deputación. Xa veremos qué nos conta esta vez para explicarnos a ineficacia da súa actuación”.

Exit mobile version