Site icon Crónica3.com A Mariña

Un triple en tempo de prorroga deulle a victoria ao C.B. Xove no ultimo segundo

IMG 0138XOVE .- O club de baloncesto Centro Óptico de Xove ganou por un punto,  no ultimo segundo da prorroga, ao Arteixo por 74 a 73. O encontro sentenciouno un triple executado in extremis por Javi;  rompeu así o Xove unha racha de dúas derrotas consecutivas.
O partido comezou de cara para os de Xove que chegaron a levar 18 puntos de vantaxe aínda que os coruñeses foron ao descanso so sete puntos por debaixo ( 33-26 ).
No último cuarto os de Arteixo puxéronse por encima no marcador chegando aos últimos segundos con tres puntos de vantaxe. A falta de dous segundos os mariñáns sacaron de banda e Paco meteu  un triple que os  levou a prorroga ( 63-63 ).
Nos cinco minutos de tempo extra o C. B. Arteixo logrou cinco puntos de vantaxe chegando ós últimos dez segundos con dous puntos a favor. Os de Xove sacaron dende o seu campo e no último segundo Javi anotou un triple que lle deu unha agónica victoria o Centro Óptico Xove por 74 a 73.
Polo C.B. Xove xogaron: Pony (4), Fernando (24), Dani (5),Álvaro, Paco (18) – Juanma (12), Javi (11), e Ángel.

Exit mobile version