Site icon Crónica3.com A Mariña

Veciños de Lodeiro seguiran mobilizándose por “unha vivenda legal, que foi o que nos venderon”

VIVEIRO .- Veciños de Viveiro afectados pola situación na que se atopa o edificio no que posúen as súas vivendas en Lodeiro mantiveron unha intensa actividade durante estes días contactando con distintos representantes políticos en campaña. Os afectados aseguran que desexan “que a xente, os políticos, as administracións e a xustiza se enteren de que, o pesadelo que nos está tocando vivir, non é consecuencia dos nosos actos, senón dos actos, que non son legais, que cometeron outros”. O afectados matizan que “nos queremos ter unha vivenda legal, que foi o que nos venderon ante un notario e cun rexistro da propiedade; queremos que nos devolvan os nosos dereitos; non queremos vivir este pesadelo”.

Nota de Prensa

Lodeiro Rio dos Foles

VIVEIRO; 17/02/09

Como xa sabedes, esta semana comezámola con moita actividade:

-Estamos traballando na constitución da Asociación de Veciños
-O domingo fumos recibidos amablemente por Parga en Burela, despois do mitín que se celebrou no pabillón do instituto.Tivemos a oprtunidade de entregarlle unha carta dirixida a A.Quintana, e aproveitamos a ocasión para explicarlle, a Parga, a nosa complicada situación.
-O luns, aproveitando que Ana Pastor estaba en Viveiro, fixémoslle chegar noticias nosas, aínda que dunha forma menos ortodoxa por improvisada: entregóuselle, un cartel do anuncio da concentración que terá lugar este mércores na Praza . Pero, de todas maneiras, non deixaremos pasar a opurtunidade de facer chegar a carta a Feijóo e a Rajoy.
-Hoxe martes a cita foi con J.Blanco e R.Varela: recibíronnos nunha sala do Teatro Pastor Díaz , antes de que dera comezo o mitin que tiña lugar alí. Tras explicarlles o tema entregámoslles sendas misivas para que llas faigan chegar a Zapatero e a Touriño.
-Hoxe, ademais recibimos novas do Defensor del Pueblo: comunícanos que comezou o estudio do asunto que sometemos a súa consideración.
-Mañá , mércores 18, concentrámonos as 18:00 na Praza Maior como ven sendo habitual, onde se lerán varios escritos para dar a coñecer a gravidade do problema que temos. Comezamos unha campaña de recollida de firmas neste acto.
-O próximo sábado día 21, faremos unha manifestación por varias rúas de Viveiro. Comeza ás 11:00 h na rúa Rio dos Foles, percorre varias rúas ata chegar á Praza e despois continúa ata Cantarrana.

Con todos estos actos queremos:
Que a xente, os políticos, as administracións e a xusticia se enteren de que, o pesadelo que nos está tocando vivir, non é consecuencia dos nosos actos, senón dos actos, que non son legais, que cometeron outros.

Que os nosos dereitos e os nonos intereses lexítimos como cidadáns inocentes que somos, están sendo vulnerados xa que se nos está privando do valor do noso patrimonio.

Que, como non se tomen as medidas necesarias polos gobernos central e autonómico e polos concellos, esta situación de caos urbanístico e concesións de licencias sen axustarse á normativa vai seguir repetíndose, dando lugar a que máis cidadáns inocentes caian na mesma trampa: comprar de boa fe, sen ser informados de posibles demanadas, e sen ter portunidade de defenderse ante a xusticia. E enterarse, anos despois da compra e pola prensa, de que o peso da lei cae sobre ti. Tal como están as cousas, se non as cambian, mañá ti podes ser a seguinte víctima. Xa hai demasiadas por toda Galicia e por toda España.

Nos queremos ter unha vivenda legal, que foi o que nos venderon ante un notario e cun rexistro da propiedade; queremos que nos devolvan os nosos dereitos; non queremos vivir este pesadelo.

A SOLUCIÓN É A LEGALIZACIÓN.

Exit mobile version