Site icon Crónica3.com A Mariña

Veciños de Viveiro crean a asociación O Lodeiro e seguen loitando para evitar o derribo das vivendas

VIVEIRO .- Veciños de Viveiro afectados polo risco de demolición das súas vivendas crearon a asociación de veciños O Lodeiro “unha vez formalizada a acta fundacional xa adquirimos personalidade xurídica e plea capacidade de obrar, sen prexuízo da posterior inscrición no Rexistro de Asociacións”, explican. Entre as próximas iniciativas aseguran que “seguiremos levando a cabo protestas e seguiremos traballando nas iniciativas postas en marcha. Este mércores teremos outra concentración na Praza Maior ás seis da tarde, e o venres unha vixilia reflexiva con velas
Máis adiante temos pensado despregar pancartas nos oito edificios afectados pola sentencia de demolición, aproveitando que son unha auténtica ventá cara todo aquel que pase por Viveiro.

Nota de Prensa

Viveiro, 23/02/09

Dende o sábado, 21/02/09, somos unha asociación: ASOCIACIÓN DE VECIÑOS /AS
O LODEIRO, xa que unha vez formalizada a acta fundacional xa adquirimos persoalidade xurídica e plea capacidade de obrar, sen prexuizo da posterior inscripción no Rexistro de Asociacións.
O órgano de goberno provisional da asociación quedou composto, respectando a lei de paridade con igual nº de homes e mulleres, polas seguintes persoas:
Presidente: Teresa Aguirre Ramos
Vicepresidente: Modesto Gómez Alonso
Secretario: Jose Mª Pena Lage
Tesoureiro: José R. Rouco Molares
Vocais:
Mª Jesús Pernas Vale, Javier Gómez Fernández, Montserrat Michelena Miranda, Teresa de Jesús Villar Paleo, Mª Belén Otero García y Pedro Cabarcos Quintela.
De voceira seguirá durante un tempo, por razóns de compatibilidaded de horarios e ata que alguén quera asumir este labor, Mª Jesús Pernas.
O domicilio social será o local da entreplanta do Edf. Mirador II, en Río dos Foles nº15, cedido a tal fin pola promotora Marever, S.L., en tanto non estea resolto o problema xudicial dos veciños. .

Valoración das movilizacións que estamos a levar a cabo:
Aínda non hai un mes dende a primeira reunión case espontánea, o luns día 02/02/09, dun grupo de veciños diante do Concello. Neste tempo logramos non só actuar de xeito coordinado poñendo en marcha unha serie de iniciativas, senón chamar a atención sobre a gravidade da nosa situación.

A creación da asociación vai marcar un punto de inflexión, xa que agora teremos unha representación a efectos de dirixir as accións pertinentes ó mesmo tempo que facilitamos a todos, tamén a aqueles que por diversas razóns non teñen aquí a súa residencia habitual, o poder estar con nós, representados por unha entidade xurídica e defendendo os nosos intereses e dereitos comúns.

Da participación nas concentracións e na manifestación do sábado estamos satisfeitos: a campaña de recollida de sinaturas está dando bos resultados. Que podiamos ser máis na rúa xa o sabemos todos, a nos gustaríanos que en próximas protestas o número vaia en aumento ata que estea a praza chea. Pero o positivo neste caso é que o noso empeño en que a información chegue á xente está dando resultados. Pola nosa parte seguiremos insistindo na importancia do apoio de todos e no feito de que afectado será todo o concello se a sentencia se chegara a executar.

Seguieremos levando a cabo protestas e seguiremos traballando nas iniciativas postas en marcha. Este mércores teremos outra concentración na Praza Maior ás18:00, e o venres unha vixilia reflexiva con velas
Máis adiante temos pensado desplegar pancartas nos 8 edificios afectados pola sentencia de demolición, aproveitando que son unha auténtica ventá cara todo aquel que pase por Viveiro.

Exit mobile version