Site icon Crónica3.com A Mariña

Vitoria de Arturo Vigo na 12ª tirada de bolos de Xove

XOVE.- Nunha tarde agradable e co campo en perfectas condicións, cunha boa participación con 25 inscritos, 18 da Liga de Maiores e 7 da Sub 18. Esta tirada teríase que ter celebrado o sábado 24, pero debido ao mal tempo atrasouse ata o sábado 31. A Tirada de Xove que tería que terse realizado este sábado 31 pasouse case para o final, concretamente para o 14 de marzo vindeiro.

Liga de Maiores.- A vitoria de Arturo Vigo fai que continúe líder destacado, acadando os 100 puntos en solitario; a 10 puntos e con 90 totais está José Rafael González, quen lle segue aguantando o tirón a Arturo, sendo eles, hoxe por hoxe, os candidatos principais ao trunfo final; a estas alturas da tempada debería producirse un cambio espectacular para que Arturo e José Rafael non se disputaran as dúas primeiras prazas. Se as dúas primeiras posicións teñen dous candidatos moi definidos, a terceira praza, que completa a tríade gañadora, ten moitos noivos, estando bastante cerrada a clasificación entorno a esta posición: Luis Rancaño mantén en solitario e a duras penas esta posición con 64 puntos, un máis que Ginés Rodríguez que é cuarto con 63, vindo por detrás Augusto Albo con 57, Carlos Javier con 45, José Manuel Cociña con 43, etc.

Liga Sub 18.- Tendo un campión virtual da temporada en Andrés Rodríguez, quen con 25 puntos de vantaxe sobre o segundo pode rematar esta segunda volta con total tranquilidade, a pelexa está centrada para a segunda e terceira posición. Segundo continúa Jose Vigo con 32 puntos, pero que non foi capaz de puntuar esta semana, o que aproveitou Adrián Bouso para achegarse a esa posición con 29 puntos; moi perto está Alex Meitín con 26 puntos e un pouco máis afastados Cristian Rodríguez con 20 e Óscar Pérez con 15.

Clasificación actual

A Vindeira tirada, e cuarta desta segunda volta, vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO, O VINDEIRO SÁBADO, 7 DE FEBREIRO DE 2009.

Exit mobile version