Site icon Crónica3.com A Mariña

A asemblea do PP “valorou moi positivamente” os resultados que acadou en Burela o 1M

NOTA DE PRENSA

Na tarde de onte, mércores, o PP de Burela celebrou unha asemblea de afiliados na que se valorou moi positivamente a xornada electoral do pasado un de Marzo, que lle permitiu ó PP de Burela acadar 2.500 votos, o que representa o 51% dos votos emitidos, cunha participación do 70%.
Para os populares, estes resultados confirman que a liña de traballo que se viña seguindo foi axeita, e sendo conscientes de que cada proceso electoral é distintos, significan que o partido está en boas condicións de loitar fortemente dentro de dous anos nas eleccións municipais, sempre e cando se combine axeitadamente a crítica coas iniciativas constructivas. Igualmente, considérase dende o PP burelés que o sistema de bigoberno que hai no concello está esgotado, dada a falla de traballo, de proxectos ilusionantes, acuaciados polas rencillas entre PSOE e BNG e polas propias existentes dentro do mesmo PSOE.
Polo tanto, ó PP só lle queda traballar, facer propostas, e valorar en todo momento o que se propoña desde o concello, ainda que visto o traballo que fixeron en dous anos desde o bigoberno pouco ou nada podemos agardar do alcalde e de Nieves Cando.
O PP celebrará o vindeiro vinteoito unha comida de irmandade. As persoas que desexen participar poden apuntarse segundo os medios habituais.

Exit mobile version