Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación de Lugo aporta 18 mil euros a Aspanane Viveiro para melloras do centro

VIVEIRO .- A Deputación de Lugo e Aspanane Viveiro asinaron un convenio por importe de 18 mil euros que se destinaran á mellora do centro ocupacional co que a entidade conta en Viveiro. A Vicepresidenta e deputada nacionalista María Xosé Vega Buján, visitou o centro ocupacional de discapacitados intelectuais, acompañada da directiva da asociación.
Aspanane realiza unha labor de apoio, difusión, investigación e adaptación social dos nenos e adolescentes con necesidades especiais, que viven nunha situación de exclusión potencial pola súa discapacidade intelectual.

A Deputación de Lugo e ASPANANE Viveiro asinan un convenio por 18.000 €

Esta cantidade destinarase á mellora do centro ocupacional co que a entidade conta en Viveiro

Viveiro, 16 de Marzo de 2009. A Vicepresidenta e deputada nacionalista Mª Xosé Vega Buján, visitou hoxe en Viveiro o centro ocupacional de discapacitados intelectuais, acompañada da directiva da asociación ASPANANE

Esta entidade realiza unha labor de apoio, difusión, investigación e adaptación social dos nenos e adolescentes con necesidades especiais, que viven nunha situación de exclusión potencial pola súa discapacidade intelectual.

A asociación de pais de nenos e adolescentes con necesidades especiais ten cedida a xestión deste centro polo concello de Viveiro dende o ano 2004, firmando un convenio para o seu mantemento en 2006 coa vicepresidencia da Xunta.

Este centro, á espera da aprobación por parte da Xunta de Galicia dun centro de Día, que permita ampliar o horario, permanece aberto de 9.30 da mañá ata as 17.00 h da tarde en réxime de media pensión e conta con un aula asistencial e catro talleres: cerámica, montaxe de pezas, serigrafía e tampografía e empaquetado de sobres e madeira.

A área de benestar da Deputación de Lugo investirá un total de 18.000 € neste ano para obras de mellora do centro. Esta cuantía destinarase á adquisición e instalación de placas solares fotovoltaicas para a produción de enerxía, dentro dun proxecto dun total de 108.000 € no que tamén colaboraron a Vicepresidencia da Xunta con 40.000 € e a consellería de industria con 50.000 €.

Esta axuda forma parte das subvencións nominativas concedidas no ano 2009 nas que se reparten cerca dos 740.000 € entre diversas asociacións da provincia. Con ela continúase a colaboración entre ASPANANE e o ente provincial, que xa investira 3.000 € no 2004 para a instalación da cociña e 7.500 € en 2006 para a adecuación da nave contigua para a ampliación do centro.

Exit mobile version