Site icon Crónica3.com A Mariña

Volveu da localidade de Cervo en Italia a parella cervense agraciada cunha viaxe

CERVO .- Juan Carlos López Díaz e María Pita Couce, a primeira parella en casar no que vai de ano no Concello de Cervo, acaban de volver da súa viaxe ao concello italiano do mesmo nome co que está irmandado Cervo. Os recen casados foron os agraciados coa iniciativa posta en marcha o pasado mes de maio polos concellos galego e italiano de Cervo durante os actos oficiais do seu irmandamento celebrados no pais transalpino. Durante a súa estadía, a parella mariñá tivo ocasión de coñecer o concello transalpino da man do seu alcalde, Vittorio Desiglioli.

Xa de volta a Galicia, Juan Carlos e María visitaron hoxe o Concello de Cervo para transmitir os saúdos dos cervenses italianos ao seu alcalde, Alfonso Villares.

Exit mobile version