Site icon Crónica3.com A Mariña

Afirma o PSOE de Cervo que coa demagoxia do PP non se constrúen estradas

NOTA DE PRENSA
Coa demagoxia do PP non se constrúen estradas como a de Rúa-Vilastrofe-Burela

A pesar das trabas do Partido de Yolanda Pedreira (PP), os veciños de Rúa terán por fin a estrada que merecen

Moitas foron as trabas, as mentiras e os anuncios do PP, pero por fin os veciños de Rúa poderán circular por unha estrada propia do século no que estamos.

Dende o Grupo Municipal Socialista de Cervo amosamos a nosa satisfacción polas obras que se están a desenvolver para rematar o vial Rúa-Vilastrofe-Burela que o PP non foi capaz de arranxar a pesar de haber estado 24 anos gobernando na Deputación.

Merece a pena recordar que o anterior goberno, contratou os traballos sen dispoñer dos terreos necesarios nin ter iniciado tan sequera o expedinte de expropiación, e todo porque viñan as eleccións municipais e unha vez mais a estrada non chegaba. Desta forma os traballos comezaron de forma intermitente, polos terreos que so de palabra tiñan autorización dos seus donos.

Ademais, o proxecto que aprobou o PP, tan só contemplaba o ancheamento da vía, que de no haber sido modificado polo actual goberno da Deputación, quedaría en terra, xa que non se presupostou nin o afirmado nin o asfaltado. Foi a xestión realizada polo executivo actual a que desbloqueou as xestións e impulsou, mediante fondos propios o afirmado e o asfaltado con aglomerado en quente deste treito, para que quede nunhas condicións axeitadas para a circulación de vehículos.

Destacamos como colofón da demagoxia mais barata exercida polo PP de Cervo, a petición de Yolanda Pedreira o día 24 onde “invitaba” a Deputación a finalizar a estrada, a pesar de que as obras habían comezado unha semana antes da súa “petición”. Non entendemos coma unha concelleira como Yolanda, que é ademais veciña de Rúa, pode caer nas garras do engano do seu partido, con un tema que afecta de forma directa a súa parroquia, e mais cando o seu partido mantivo durante anos aos veciños illados e con promesas que non chegaban.

A pesar de que a demagoxia exercida co tema do vial de Rúa tivo efecto, O PP, non poderá volver a prometer esta estrada aos veciños, posto que será unha realidade grazas a un goberno Socialista, e Rúa poderá por fin aspirar a demandar outros servizos necesarios.

Exit mobile version