Site icon Crónica3.com A Mariña

Asegura o PP que o “investimento da Deputación en Burela é de pouco mais de 10 mil euros”

NOTA DE PRENSA

O portavoz do GMPP de Burela afirma que a Deputación non compromete o gasto do plano complementario do POS.
González Barcia considera que o alcalde non fixo as cousas como debía e non debe mentir.
Afirma que o único investimento da Deputación en Burela é de pouco mais de dez mil euros.

O portavoz do GMPP de Burela, e portavoz adxunto do Grupo Provincial Popular na Deputación, José María González Barcia,  manifestou hoxe mediante unha nota de prensa que o decreto do presidente da Deputación de Lugo de 26 de Febreiro do presente ano ratifica dúa cousas: unha, que o proxecto da obra que o concello de Burela enviou para incluir no complementário do Plano de Obras e Servicios, POS, do presente ano 2009, non se incluiu na documentación que foi ó pleno da Deputación; e, duas, que a Diputación non compromete o gasto, en contra do que di o alcalde burelés.
González Barcia traslada, xunto con esta nota de prensa, copia do indicado decreto. No mesmo, o presidente da Deputación recoñece que o proxecto non se incluiu na sesión plenaria da Deputación porque “non consta no expediente do Plan o modelo 1-C co título e presuposto da obra tal e como se solicitou por escrito da Presidencia de data 6 de Febreiro de 2009”.
Para Barcia, esto significa que desde o Concello non se fixeron as cousas ben, o alcalde non fixo as cousas ben: o mesmo presidente da Deputación está correxindo ó Concello de Burela decíndolle que faltaba documentación. O PP denunciou o dia 25 tal circunstancia, e o decreto do presidente é o do 26, o que significa que estabamos no certo.
A segunda cuestión que González Barcia quere aclarar é que, en contra do que di o alcalde, a Deputación non se compromete a nada, porque o presidente do ente provincial di textualmente no decreto que “en caso de que exista financiamento para a obra darase conta ao pleno da presente resolución”. Eso quere decir que, de momento, a obra non está incluída formalmente no complementário do POS, porque un erro cometido nun acordo plenário da Deputación só pode ser correxido a través de outro acordo plenario. E ademais, xa advirte de que se fará se hai financiamento: se o houbese xa agora, seguro que o asunto iría a pleno.
Polo tanto, Barcia pídelle ó alcalde que faiga as cousas con rigor e con xeito, e que non minta ós cidadáns. Xa o ano pasado dixo que se ia facer a obra incluída no complementario do POS, e fíxose unha entre Friol e Parga, e agora vai acontecer o mesmo. E para colmo, a única contía prevista póla Deputación para investir en Burela en todo o 2009 sobrepasa lixeiramente os dez mil euros, que son os que están contemplados no POS.

Exit mobile version