Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela envía o proxecto de mellora do Perdouro a Urbanismo e Medio Ambiente para o visto e prace

BURELA (FNC) .-. O proxecto de normalización e ordenación do polígono industrial do Perdouro segue o seu curso, segundo o alcalde de Burela, Alfredo Llano. “O proxecto vímolo hoxe na xuntanza que mantivemos os integrantes da comisión de urbanismo de Burela e agora seguirá os trámites habituais que pasan por remitilo a Urbanismo e a Medio Ambiente para que o avalíen. Ese sería o primeiro paso. Si non hai inconvintes despois tería que ser obxecto dunha exposición pública antes de someterse a aprobación definitiva”, explica o rexedor. Llano engade que “é unha boa solución para O Perdouro e todo o mundo estará contento con él”.

Fondo estatal

O alcalde de Burela sinala que xa foron licitadas provisionalmente as obras que se farán con cargo aos fondos estatais de inversión. “Son 12 obras e 3 de acceso directo, que eu agardo que poidan comenzar a principios do vindeiro mes de abril e despois nun prazo de dous a tres meses, as de maior duración, serán unha realidade porque son proxectos que non teñen grandes complicacións”.

Exit mobile version