Site icon Crónica3.com A Mariña

Cabozo.com, unha comunidade web galega con orixes en Viveiro

VIVEIRO .- Cabozo.com é unha comunidade web galega que naceu en marzo do pasado ano da man do viveirense emigrado en Alemaña, Antonio Mariño, quen continúa implicado no proxecto ocupándose de toda a programación. Cabozo.com “é unha nova rede social, o Facebook galego como nos chaman algúns, non obstante preferimos autodenominarnos como unha nova comunidade Web galega”, explica Anxel de Cabozo.com, e “actualmente existen xa, ademais de varios grupos privados, máis de 50 grupos públicos, de libre acceso para calquera usuario dende o momento no que se rexistran”.
Neste proxecto con raíces en Viveiro non está solo Antonio Mariño, con el colaboran noutros apartado os tamén viveirenses Jesús Cora, David Lage, Fausto Cora, Juanma Lage, Juan Neira e Ánxel Folgueira.

Referencia

Cabozo.com é unha nova rede social, “o Facebook galego” como nos chaman algúns, non obstante preferimos autodenominarnos como unha nova “comunidade Web galega”.

Cabozo naceu exactamente o 14 de febreiro de 2008 de man de Antonio Mariño, viveiriense emigrado dende hai uns anos en Alemaña, coa intención inicial de contar cunha ferramenta que lle permitise manter un contacto máis fluído, dende a distancia, tanto coa súa familia como cos seus amigos máis achegados, ao igual que servise tamén a outros dos seus amigos que por distintos motivos nos atopabamos tamén dispersos pola xeografía galega e exterior.

Esta páxina foi desenvolvida totalmente dende cero, podemos dicir mesmo que non ten influencia de ningunha outra rede social existente, pois no momento dá súa creación ningún de nós era usuario de ningunha desás redes e dende que empezou a funcionar Cabozo converteuse na nosa propia rede non tendo necesidade de usar outras alleas. Por aquel entón íanselle implementando utilidades segundo ás necesidades que nos ían xurdindo día a día ao reducido grupo de usuarios iniciais, todos colegas, nesa misión de manter un contacto máis directo… primeiro poder chatear, logo subir fotos, logo vídeos, poder mandar mensaxes privadas, crear distintos grupos, etc. creando pouco a pouco o que hoxe é a base dá Web.

Cabozo está integramente redactada na nosa lingua e está baseada exclusivamente en tecnoloxía aberta, programada en PHP e correndo sobre un Linux CentOS con Apache e MySQL. Comentar, que a súa programación é levada a cabo na actualidade exclusivamente por Antonio Mariño, coa colaboración noutros apartados doutros mozos viveirenses como Jesús Cora, David Lage, Fausto Cora, Juanma Lage, Juan Neira e Ánxel Folgueira.

Pouco a pouco a páxina foise abrindo cara ao exterior… Cada un de nós fomos integrando nesta a algúns coñecidos e a través do “boca a boca” destes novos usuarios a páxina empezou a crecer, tanto no número de usuarios, coma no número de ideas e suxestións a implementar nesta. Un pouco vendo a boa acollida que parecía ter a Web entre os máis achegados, e coincidindo con algunhas referencias á nosa páxina en distintos medios dixitais, decidimos “abrir” Cabozo a todo o público en xeral.

A raíz desas publicacións e dalgunhas outras colaboracións, pasamos duns 30 usuarios a preto de 250 en tan só 25 días dende que se abriu a páxina e vemos como día a día vanse rexistrando novos usuarios, mesmo como novos medios interesanse en publicar referencias sobre Cabozo.com

Ás principais utilidades de Cabozo para os seus usuarios é que estes teñen a posibilidade de crear grupos públicos ou privados na Web para un uso totalmente libre. Dende crear un grupo privado para manterse en contacto cos seus máis achegados (amigos, familiares, compañeiros de traballo, etc) ata crear un grupo público para compartir co resto de usuarios, ás súas opinións, publicar os seus artigos ou noticias, enlazar noticias doutras webs, publicitar unha asociación, produto, blog, web, etc. todo iso con total liberdade e ademais sendo os propios creadores destes grupos (públicos ou privados) os xestores dos mesmos podendo moderar ou editar libremente os seus propios grupos, ou establecendo parámetros coma se desexan deixar subir imaxes ou non aos seus grupos, recibir ou non solicitudes de acceso, compartir ou non o álbum de fotos, deixar engadir eventos, e algunhas outras características…

Todos os grupos creados polos usuarios levan con si o seu propio álbum de fotos, e un calendario de eventos, ou a posibilidade de achegar con cada mensaxe, fotos, vídeos ou calquera tipo de arquivo, entre outras cousas.

Actualmente existen xa, ademais de varios grupos privados, máis de 50 grupos públicos, de libre acceso para calquera usuario dende o momento no que se rexistran en Cabozo (só é necesario un nick ou nome de usuario e unha conta de correo, para facilitar o rexistro) cunha ampla e variada temática: como grupos onde se fala dá lingua galega, de galegos no exterior, un grupo de debate de temas de actualidade, un grupo onde seguir ás eleccións e a política galega, outro sobre mascotas ou ecoloxía, tamén sobre o mundo laboral e outros de deportes, motor, sexo, tecnoloxía, música, etc.

Unha dás principais peculiaridades de Cabozo.com é que calquera usuario pode propoñer unha nova utilidade para, segundo ás súas necesidades de uso, e dependendo dás posibilidades técnicas, esta se implementará, converténdose déaste xeito os propios usuarios en desenvolvedores da páxina, o cal cremos que é un aliciente máis para os usuarios. O feito de que hoxe propoñas unha utilidade e dous días despois entres e a vexas funcionando fai que os usuarios se sintan máis identificados coa páxina sentíndoa dalgún xeito como un pouco máis súa. De feito podemos dicir que a maioría dás utilidades que ten na actualidade Cabozo implementanse en función dos seus usuarios.

Exit mobile version