Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo celebra o Día do Xubilado o 1 de maio

CERVO .- Os xubilados do concello de Cervo que desexen participar na celebración que se organiza con motivo do Día do Xubilado deberán inscribirse antes do 17 de abril na Casa do Concello. Entre os actos que se celebrarán atopase a tradición comida de confraternidade no restaurante Val do Naseiro en Viveiro e diversos campionatos de tute, parchís e baile, este último como novidade da presente edición
Nota de Prensa
XXVI EDICIÓN DO DÍA DO XUBILADO
A delegación de Asuntos Sociais do Concello de Cervo organiza a vixésimo sexta edición do Día do Xubilado que terá lugar o 1 de maio de 2009 e que contará con moi diversas actividades entre as que se atopa a tradición comida de confraternidade (restaurante Val do Naseiro -Viveiro-) e diversos campionatos de tute, parchís e baile, este último como novidade da presente edición.
Co obxecto de facilitar a participación de todas aquelas persoas interesadas nas distintas actividades así como a difusión das condicións que deben cumprir cada un deles o Concello de Cervo distribuíu un BANDO no que se dá conta de cada un destes aspectos.
1. REQUISITOS: Os participantes deberán ser pensionistas polos conceptos de xubilación, invalidez ou viudez, con capacidade suficiente para valerse por si mesmos e estar empadroados no concello.

2. SOLICITUDES: Deberán aportar fotocopia do DNI así como copia da cartilla de pensionista, antes do 17 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura de San Ciprián.
ATENCIÓN IMPORTANTE: O prazo para inscribirse nos campionatos (baile, tute, parchís) é distinto e abrangue desde o día 28 de marzo ata o 9 de abril.

Exit mobile version