Site icon Crónica3.com A Mariña

Inícianse as expropiacións para a vía rápida de O Castelo a Celeiro

XOVE .-  Inícianse as expropiacións para a construcción da vía rápida Costa Norte no tramo comprendido entre O Castelo e Celeiro. As expropiacións comezan en Xove o día 9 e seguirán en Viveiro o 18 de marzo, según indica Unións Agrarias. Esta organización informa sobre este tema o día 6 en Xove, na aula de formación do Concello de Xove, ás nove da noite.
“O proceso atópase no momento de levantamento de actas previas, que será un dos aspectos que se abordarán nas intervencións, xunto a outros temas, como os dereitos dos propietarios dos terreos en materia de expropiación forzosa ou os trámites administrativos que require unha expropiación”, explica Unións Agrarias.

Nota de Prensa

O acto terá lugar mañá venres, día 6, na Áula de Formación do Concello de Xove, ás 21:00 horas

Unións Agrarias organiza una charla informativa sobre a expropiación de terreos para a Vía Rápida Costa Norte

Unións Agrarias organiza mañá venres, día 6, en Xove, unha charla informativa sobre a expropiación de terreos para o tramo de próxima construción Celeiro-San Cibrao, da Vía Rápida Costa Norte, que descorrerá entre Ferrol e Cervo.

O proceso atópase no momento de levantamento de actas previas, que será un dos aspectos que se abordarán nas intervencións, xunto a outros temas, como os dereitos dos propietarios dos terreos en materia de expropiación forzosa ou os trámites administrativos que require unha expropiación.

Para este treito, as expropiacións comezan o vindeiro día 9 de marzo en Xove e rematan o 18 de marzo en Viveiro.

O acto celebrarase na Áula de Formación da Casa do Concello de Xove, mañá venres, ás 21:00 horas. Os relatores serán Hilario Moliner, responsable comarcal de Unións Agrarias na Mariña de Lugo, e  José Antonio Diéguez Otero, presidente de Vento Noso e da CMVMC Faro de Argozón, de Chantada.

Exit mobile version