Site icon Crónica3.com A Mariña

No Día da Árbore, Adega propón 10 ideas para contribuír a conservar os bosques

O Día Forestal Mundial ou Día da Árbore celébrase cada 21 de marzo coa intención de impulsar a protección e coidado dos bosques, según indica Adega que aporta 10 ideas “que redundan en beneficios para os bosques” para quen non poida plantar unha árbore: 1º Usa papel reciclado; 2º Solicita unha compra verde de papel reciclado ao teu concello, empresa, etc; 3º Apúntate ao voluntariado forestal; 4º Merca productos co selo FSC; 5º Que as árbores non te impidan ver o monte, e as dunas, e as matogueiras; 6º Evita as madeiras tropicais; 7º Reutiliza a madeira vella; 8º Reivindica plantacións con árbores autóctonas; 9º Colabora na eliminación de especies invasoras; 10º Faite socio/a de ADEGA

Exit mobile version