Site icon Crónica3.com A Mariña

“O Bordelo” participa en Ferrol no IX ciclo “Domingos a Escena”

CERVO .- As representacións dos traballos escénicos realizados polo grupo de teatro ” O Bordelo” de Cervo cada vez son máis habituais lonxe da Mariña. Despois de participar nas Terras de Santiago dentro do Mostra Pedra do Moucho, esta fin de semana o colectivo cervense desprázase a Ferrol para amosar o seu teatro no IX ciclo “Domingos a Escena”, unha das citas máis emblemáticas do teatro afeccionado de Galicia na que, dende Setembro a Abril, ten lugar no Centro Cívico de Caranza.
Este domingo, ás sete da tarde, representarán “R.I.P. Marandaina”, obra seleccionada pola organización do certame tendo en conta as críticas favorables do público que xa tivo ocasión de ver a peza en Ferrolterra, comarca na que xa existen grupos ensaiando pezas orixinais de Francisco Piñeiro, director do grupo cervense.
Ao mesmo tempo O Bordelo mantén as súas citas co público da Mariña onde representará “O Espello do prestamista” nas vindeiras semanas.

Exit mobile version