Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Ribadeo oferta un contrato para operario de Medio Ambiente

RIBADEO (FNC) .- O Concello contrata a un operario de medio ambiente. O contrato farase pola modalidade de interinidade polo tempo de duración da baixa do traballador titular deste posto. Realizarase unha proba práctica sobre o contido do posto de traballo, para poder valorar os coñecementos sobre as funcións a desenvolver: limpeza viaria de xeito manual, limpeza viaria mediante a varredora municipal, conservación, mantemento e reposición de zonas verdes e axardinadas…Valoraranse tamén os servizos prestados no Concello de Ribadeo, noutras administracións públicas ou en empresas privadas do sector en postos de traballo de contido análogo ou categoría semellante. Tamén se terán en conta os cursos relacionados coa actividade a desenvolver no posto de traballo impartidos pola administración pública ou entidades delas dependentes ou homologados.

O prazo de presentación de documentación estará aberto ata as 14:00 horas do día 6 de abril no rexistro de entradas da Casa do Concello. As probas serán o día 7 ás 17:00 horas no Concello de Ribadeo.

Exit mobile version