Site icon Crónica3.com A Mariña

O IES Perdouro de Burela transformouse nun macro-estudio para gravar dúas curta-metraxes

BURELA .- IES Perdouro de Burela transfórmouse nun macro-estudio para a gravación de dúas curta-metraxes dirixidas e realizadas polos 24 alumnos e alumnas de cuarto de ESO da materia de Informática.  Baixo a coordinación da profesora Esperanza Pernas, do Departamento de Tecnoloxía, os alumnos e alumnas organizáronse para faceren a gravación de dúas curtametraxes e eles mesmos encargáronse de elaborar o guión e de constituíren o equipo de gravación (dirección, iluminación, imaxe e son). A actividade conta tamén coa colaboración do Departamento de Imaxe Corporal, dirixido por Begoña R. Muñiz.
Con estas gravacións, o IES Perdouro pon remate a un obradoiro de técnica audiovisual dirixido a alumnado de cuarto de ESO. Para realizar esta actividade, promovida polo Departamento de Tecnoloxía, o instituto conta coa colaboración de Matías Nicieza, quen se encargou de complementar a formación teórica previa ás gravacións.

Exit mobile version