Site icon Crónica3.com A Mariña

Luns abre o prazo de inscripción no Punto Munciapal de Atención a Infancia do Concello de Cervo

CERVO .- O Concello de Cervo é o único de A Mariña no que o Punto Munciapal de Atención a Infancia ten carácter gratuíto polo que non implica ningún coste para as familias usuarias. O devandito recurso está destinado a nenos e nenas de entre 4 meses e 3 anos que necesitan atención e coidado durante un tempo diario e que non poden incorporarse a un centro de educación infantil. Plazo para inscribirse para o curso 2009/2010 iniciase o luns

NOTA DE PRENSA

Cervo é o único concello do conxunto da Mariña lucense na que este servizo ten un carácter gratuíto polo que non implica ningún coste para as familias usuarias

O VINDEIRO LUNS 23 DARÁ COMEZO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PUNTO MUNICIPAL DE ATENCIÓN Á INFANCIA PARA O CURSO 2009-2010

•    O devandito recurso está destinado a nenos e nenas de entre 4 meses e 3 anos que necesitan atención e coidado durante un tempo diario e que non poden incorporarse a un centro de educación infantil. Ademais diso constitúe un servizo útil para colaborar na difícil tarefa de conciliar a vida familiar e laboral.

Cervo, 21 de marzo de 2009.- O Concello de Cervo vén de informar que o prazo de inscrición para solicitar a reserva de praza e matricula no vindeiro curso (2009-2010) do Punto Municipal de Atención á Infancia (P.A.I.) prolongarase desde o luns 23 de marzo ata venres 24 de abril. Ao longo deste período as familias que queiran continuar facendo uso deste servizo, coma as que desexen incorporar aos seus fillos por vez primeira, deberán cumprimentar a correspondente solicitude.

Poderán obter unha copia do formulario correspondente tanto nas oficinas municipais da Casa do Concello, como na Casa da Cultura e no propio PAI (sito na urbanización Atalaia de San Ciprián). As instancias unha vez cumprimentadas deberán presentarse con anterioridade ao venres 24 de abril no rexistro municipal do Concello. Tamén é posible descargar o modelo correspondente desde a páxina web oficial: www.concellodecervo.com

A apertura do Punto de Atención á Infancia (PAI) no ano 2002 constituíu unha aposta firme do Goberno municipal do Partido Popular pola creación dun recurso destinado a nenos e nenas que necesitan atención e coidado durante un tempo diario e que non poden incorporarse a un centro de educación infantil, A través deste servizo contribúese ao desenvolvemento integral dos nenos e nenas e a facilitar a difícil tarefa de conciliar a vida laboral e familiar. O PAI conta con dúas profesionais de educación infantil e unha pedagoga, ademais dun amplo horario de 9.00 a 12.00 h e de 15.00 a 20.00 horas. Na actualidade oferta 20 prazas pola mañá e outras 20 en horario de tarde.

Cervo é o único municipio do conxunto da Mariña lucense que ofrece este servizo de atención para nenos de entre 4 meses de 3 anos dun xeito totalmente gratuíto, sen que supoña ningún custe engadido para as familias usuarias.

Exit mobile version