Site icon Crónica3.com A Mariña

Pide o BNG de Cervo a mellora do P.A.I. OU convertelo en escola infantil con horario continuo

 

Nota de Prensa

O BNG RECLAMA A MELLORA DO SERVIZO DO P.A.I. OU A SUA CONVERSION EN ESCOLA INFANTIL CON HORARIO ININTERRUMPIDO.

Durante o ano 2008 este servizo financiouse na súa totalidade por axudas de áreas de goberno nacionalistas da Deputación e da Xunta de Galiza.

Cervo, 25 de marzo de 2008. O Bloque Nacionalista Galego reclamará ao goberno municipal do PP a mellora do servizo que presta o Punto de Atención Infantil de San Cibrao. Durante o período 2008/2009 este servizo funcionou grazas ao financiamento da Vicepresidencia da Xunta e da delegación nacionalista de Benestar Social da Deputación de Lugo que aportaron financiamento para a totalidade dos gastos do servizo sen que o goberno municipal aproveitara esta axuda para mellorar as súas prestacións.

O GOBERNO MUNICIPAL NON APORTOU UN SÓ EURO NIN APROVEITOU PARA MELLORAR O SERVIZO.

O Punto de Atención Infantil de Cervo supón un gasto por exercizo de 77.500 euros segundo informes dos servizos técnicos municipais, o centro está aberto de 9.00 a 12.00h. e de 14.00 a 20.00h., non conta con servizo de transporte nin comedor e a súas instalacións son as mínimas tanto en espazo como en persoal que require a lexislación para mantelo aberto, estes son os motivos polos que moitos pais e nais cervenses prefiren levar os seus nenos a outros centros, aínda a costa de pagar e ter que desprazarse fora do concello.

Durante o exercizo 2008/2009 os gastos de mantemento correron a cargo da Vicepresidencia da Xunta e da Area de Benestar Social da Deputación, aportando entre ámbalas dúas administracións gobernadas por nacionalistas o importe total para telo aberto nas condicións mínimas que require o decreto que regula estas instalacións, tanto en gastos de persoal como infraestruturas. O goberno municipal popular foi incapaz de aportar ningunha cantidade adicional para mellorar este servizo, unicamente xestionou as contratacións de persoal e tivo a cara dura de manipular e mentir á poboación durante meses mantendo a mensaxe de que o concello sufragaba tódolos gastos. Os intentos do BNG para integrar ao concello no Consorcio de Servizos Sociais, sabedores de que isto provocaría unha mellora no servizo coa conversión do P.A.I. nunha escola infantil, caeron en saco roto polo boicot  partidista do PP a admitir as políticas sociais do nacionalismo.

AGORA TÓCALLE AO PP DEMOSTRAR O QUE ESTAN DISPOSTOS A FACER DENDE A XUNTA EN POLITICA SOCIAL

Agora a incapacidade e desgoberno do PP de Cervo xa non se vai poder agochar detrás de  supostos abandonos da administración autonómica, toca ver a conversión en realidade de todo aquilo que ate agora se viña reclamando de quen semellaba, nunca tivera responsabilidades de goberno, toca ver cal é o modelo que aplica o PP e cales van ser as infraestruturas sociais que o PP vai por en marcha en Cervo.  O BNG agarda con interese coñecer as previsións do novo goberno galego para a dotación de servizos esenciais que o nacionalismo tiña comprometidos como o centro de día ou a escola infantil, sucesivamente boicoteados polo goberno municipal coa negativa a adherirse ao Consorcio de Benestar.

Cando o PP reclamaba un Centro de Día por parroquia e unha residencia da terceira idade  para 70 prazas en Cervo como condición previa para a adhesión ao consorcio, actuaba con demagoxia e irresponsabilidade, agora os cidadáns terán a oportunidade de ver o grao de cumprimento dos seus compromisos. Nós non imos caer na irresponsabilidade de pedir imposíbeis, pero non imos pasar por menos do que cremos necesario e urxente.

Exit mobile version