Site icon Crónica3.com A Mariña

Arturo Vigo e Andrés Rodríguez campións da Liga de Bolos de Xove entre 31 xogadores

XOVE.- O sábado pasado, na parroquia de Sumoas, remataron as ligas de bolos do concello de Xove, no que participaron 31 xogadores. Nesta última tirada o acto de entrega de Premios e trofeos estivo presidido polo 1º Tenente de Alcalde José Manuel González, acompañado de Luís, representando á empresa Autoescuela Mundial, a cal colabora dende hai bastantes anos neste Campionato que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Xove.

Liga de Maiores.- O líder Arturo Vigo quixo poñer remate a esta XXª TIRADA cunha vitoria, e así foi, dado que sólo foi inquietado nesta tirada por Ginés Rodríguez; o subcampeón final José Rafael Rodríguez non puido coa presión, e sólo foi capaz dun 8º posto; recordemos que José Rafael cheogou a esta tirada con algunha posibilidade de quedar campión, posibilidade que Arturo se encargou de desfacer dende o primeiro momento. O cadro de honra nesta categoría queda como sigue:

CAMPIÓN: ARTURO VIGO CASABELLA CON 159 PUNTOS. premio de 200 Euros e Trofeo Autoescuela Mundial.

SUBCAMPIÓN: JOSE RAFAEL GONZÁLEZ CON 142 PUNTOS. premio de 150 Euros e Trofeo Autoescuela Mundial.

TERCEIRO: GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ CON 114 PUNTOS. premio de 100 Euros e Trofeo Autoescuela Mundial.

MELLOR BOLADA DO CAMPIONATO: CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA con 98 tantos obtidos o 7 de marzo na tirada do Centro Social de Vilachá.

Premio ao xogador máis veterano: Modesto Albo Vidal con 80 anos. Trofeo Autoescuela Mundial.

Recibiron tamén trofeo e premio en metálico os clasificados ata o posto 15º.

Liga Sub 18.- Nesta categoría o primeiro e segundo posto estaban decididos, polo que a emoción estivo na loita polo 3º posto entre Cristian Rodríguez e Adrián Bouso que chegaban empatados a esta tirada con 43 puntos; Cristian non lle deu ningunha opción a Adrián conseguindo a súa terceira victoria consecutiva máis a bolada. Realmente impresionante o final de temporada de Cristian Rodríguez, fillo doutro gran xogador como é Carlos Javier Rodríguez “O Felgo”, quen non tivo nesta a súa mellor temporada. O Cadro de Honra nesta categoría queda como sigue:

CAMPIÓN: ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS CON 74 PUNTOS. premio de 60 Euros e Trofeo Autoescuela Mundial.

SUBCAMPIÓN: JOSE VIGO LAGE CON 61 PUNTOS. premio de 42 Euros e Trofeo Autoescuela Mundial.

TERCEIRO: ALEX MEITÍN SERANTES CON 41 PUNTOS. premio de 60 Euros e Trofeo Autoescuela Mundial.

MELLOR BOLADA DO CAMPIONATO: DAVID NAYA LEGIDE CON 59 tantos obtidos o 27 de outubro pasado na Bolera do Centro Social de Sumoas.

Recibiron tamén trofeo os clasificados ata o posto 10º.

CLASIFICACIÓN FINAL

PARA REMATAR, DECIR QUE A TEMPORADA INDA NON ACABOU, DADO QUE O SÁBADO 28 DE MARZO VAI TER LUGAR NO CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO A “VIª COPA DE BOLOS CONCELLO DE XOVE”, XOGADA POR SISTEMA DE PARELLAS E ELIMINATORIAS DIRECTAS, E QUE SI VAI POR REMATE A ESTA INTENSA TEMPORADA 2008-2009 DE BOLOS.

Exit mobile version