Site icon Crónica3.com A Mariña

Rematou a tempada de bolos en Xove

XOVE .- O pasado sábado 28 DE MARZO tivo lugar na Bolera do Centro Social de O Cruceiro, na Parroquia de Xuances a VIª COPA DE BOLOS “CONCELLO DE XOVE”, competición coa que a Concellería de Cultura do Concello puxo punto final a temporada 2008-2009 de bolos. Despois disto, haberá que esperar ata o mes de outubro deste ano para comezar unha nova temporada.

A copa de bolos comezouse a celebrar no 2004 na Bolera do Centro Social de Lago, polo que ímos rotando a sé desta competición final, seguindo a mesma ruta da Liga anual, polo que a edición do ano vindeiro tocaralle a bolera do Centro Social de Vilachá.

Esta Copa ten que ver tamén coa Liga recentemente finalizada, dado que se aproveitan os resultados da Liga para facer as parellas participantes. A Copa, a diferencia da Liga, xógase por parellas, tal como se facía de xeito tradicional. Para formar as parellas utilizamos as clasificacións finais da Liga de Maiores e da Liga Sub 18 da seguinte maneira: o primeiro clasificado da Liga de Maiores fai parella co último clasificado da Liga Sub 18, o segundo clasificado da Liga de Maiores fai parella co penúltimo da Liga Sub 18, e así ata o final. Con isto preténdese que as parellas sexan o máis igualadas posibles, e ao mesmo tempo dámoslle a oportunidade de que os xogadores da Liga Sub 18 poidan xogar xunto (formando parella) aos da Liga de Maiores, cousa que lles gusta moito e ademáis é unha unha motivación para eles.

O cadro final de vencedores desta VIª COPA DE BOLOS, quedou da seguinte maneira:

Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.

CAMPIONS: parella formada por JAIME ALVAREZ E FÉLIX MÉNDEZ

SUBCAMPIONS: parella formada por CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ E CRISTIAN RODRÍGUEZ

TERCEIROS: parella formada por MOISÉS RODRÍGUEZ E JORDI MEITÍN

Tódos eles recibiron un trofeo de mans do Alcalde Demetrio Salgueiro e da Concelleira de Cultura María Dolores Meitín.

O Departamento Municipal de Cultura do Concello xa está a traballar na nova temporada (XXIª Liga, IXª Sub 18) 2009-2010, que vai comezar no Centro Social de Lago a mediados de outubro deste ano.

Exit mobile version