Site icon Crónica3.com A Mariña

Rematou o campionato de tute de San Isidoro do Monte en Xove

XOVE .- A entrega de trofeos e un estupendo cocido puxeron fin o sábado 21 ao Campionato de Tute organizado polo centro social de San Isidoro de Monte, en Xove, despois de case catro meses de ardua competición. Este campionato comezou a finais de novembro pasado e no mesmo participaron 9 parellas que se enfrontaron todas contra todas. En primeiro lugar a quedou a parella formada por Pedro e Severino, segundos foron Emilio e Carlos e os terceiros resultaron Suso e Antonio. A organización contou coa colaboración da concellería de Cultura do Concello de Xove.

Exit mobile version