Site icon Crónica3.com A Mariña

Sábado de guateque en Rúa

A programación Sábados de Guateque impulsada pola Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras en colaboración co Concello de Cervo chega ao seu fin. Este sábado terá lugar a última das actuacións previstas nesta convocatoria. O TRIO COSTA LUCENSE ofrecerá a súa música no centro social de Rúa (antigas escolas) a partires das 21.00 horas e ata a media noite.

Exit mobile version