Site icon Crónica3.com A Mariña

Segundo o BNG Costas mantén as sancións contra o concello de Cervo por ocupación sen permiso na praia do Torno

NOTA DE PRENSA
COSTAS RESOLVE MANTER O EXPEDENTE SANCIONADOR CONTRA O CONCELLO DE CERVO POR OCUPACION SEN PERMISO DO DOMINIO PUBLICO MARITIMO TERRESTRE

A administración estatal resolveu non aceptar o recurso municipal e mantén unha multa de case 6000 euros e a obriga de repoñer o terreo ao seu estado orixinal.

A sanción deriva da instalación polo concello de contedores soterrados na praia do Torno sen ter solicitado os permisos pertinentes.

Cervo, 26 de marzo de 2009. A Dirección Xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar notificou o día 11 de marzo ao concello de Cervo a resolución do organismo estatal que mantén outra ditada o 2 de decembro de 2008, recorrida en casación polo concello, na que se impón unha sanción de 5.579,67 euros e a obriga de reposición do terreo ao seu estado orixinal pola instalación de contedores soterrados fronte a praia do Torno en San Cibrao sen ter solicitado os permisos correspondentes dentro da zona de servidume de Dominio Publico Marítimo Terrestre.

A INCOMPETENCIA MUNICIPAL E FALLA DE ELASTICIDADE NA ADMINISTRACION ESTATAL LEVARA A RETIRADA DUNHA INSTALACION POSITIVA PARA OS VECIÑOS

A actuación incompetente e nula en rigor administrativo do goberno municipal ao executar unha obra dentro do Dominio Marítimo Terrestre sen ter solicitado previamente os permisos correspondentes da conta da incapacidade dun goberno municipal acostumado a facer o que lle peta sen cumprir coas normas que se esixen a calquera cidadán e moito mais a unha administración publica; si ben a instalación dos contedores subterráneos da Praia do Torno ten un efecto positivo para os cidadáns así como para o ornato viario, este feito non exime de responsabilidades aos responsables políticos municipais por unha neglixente actuación administrativa, que ademais de ter un importante custe para as arcas municipais, agora haberá que cargar con custes xudiciais ou asumir o gasto de eliminar a instalación e repoñela novamente facendo os tramites como corresponde.

A Dirección Xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar, anterior Dirección Xeral de Costas, pola súa banda, actúa cunha rixidez difícil de entender cando o resultado final da actuación trouxo a retirada da vía publica de contedores de residuos que provocaban cheiros a escasos metros da praia, a colaboración entre administracións debería levar a un acordo que impida a obriga de repoñer o terreo ao seu estado orixinal asumindo o concello a sanción que corresponda.

SEXA CAL SEXA A SOLUCION DO PROBLEMA HAI RESPONSABEIS POLITICOS QUE DEBEN RESPONDER DOS SEUS ACTOS E DAR EXPLICACIONS AOS CIDADANS.

A resolución esgota a vía administrativa e deixa aberta a xudicial mediante recurso contencioso administrativo no TSXG, polo que ao goberno municipal do PP só lle queda lanzarse a un novo proceso xudicial cos gastos que isto orixinará ou asumir a sanción. En calquera dos casos a torpeza e irresponsabilidade é de tal calibre que tanto o responsábel da delegación de medio ambiente, Sr. Basanta, como o responsábel de obras, Sr. Balseiro, e por extensión o Alcalde deben dar explicacións aos cidadáns sobre quen foi o autor ou autores directos da xestión e cal é o camiño que queren tomar neste asunto.

Exit mobile version