Site icon Crónica3.com A Mariña

Teatro, música e cinema centran a programación cultural de primavera en Burela que comeza venres

BURELA .- (FNC) Teatro, música e cinema serán as ofertas culturais “das que poderán disfrutar os veciños e as veciñas de Burela e todos os que se queiran achegar ao noso Concello ao longo desta primavera”, segundo explicaba hoxe a concelleira de Cultura, Neves Cando.
Dita programación da comenzo este venres coa obra de teatro Purgatorio de Pistacatro Produtora de Soños, que se poderá ver na Casa da Cultura a partires das 21:30 horas. O teatro para adultos seguirá o 27 de marzo, á mesma hora coa representación de E ti, ¿quén ves sendo? de Talía Teatro. O venres 17 de abril será o turno para Teatro do Atlántico que porá en escea Unha primavera para Aldara e o 15 de maio chegará a Burela No comment de PT Excéntricas.
Neves Cando suliñou que o seu departamento “aposta polo teatro infantil unha vez máis, dada a grande resposta que tivo nas tempadas pasadas e así teremos ao longo dos vindeiros meses catro representacións teatrais para os nenos e as nenas de Burela”. O teatro infantil comenzará o sábado 21 de marzo ás 18:30 no Auditorio da Casa da Cultura coa obra Babiliglub de Galitoon; o sábado 25 de abril a Compañía do Elefante Elegante porá en escea a obra Tristán ten cara de can; o 9 de maio chega a Burela Boas noites de Baerribambán Teatro e o 23 de maio Ghazafelhos representará a obra A orixe dos ghazafelhos.
No apartado musical, segundo a edil nacionalista, “a música de Burela é a aposta para esta primavera”. O venres 13 de marzo terá lugar a actuación a partires das 21:30 horas da Burela Blues Band e o venres 3 de abril será o turno para Marosa Jazz Project. Xa en xuño, o xoves 4 ás 10 da mañá será o concerto didáctico da Escola Municipal de Música e o mércores 17 ás 20:00 horas o concerto fin de curso da Escola Municipal de Música.
Medio Ambiente Imaxinado
E o cinema comenza xa este sábado. Neves Cando asegura que “en colaboración coa Delegación de Educación e Medio Ambiente, vánse proxectar tres filmes dentro dun ciclo temático denominado Medio Ambiente Imaxinado que pretende a través do cine achegar realidades e expoñer futuros e facer visible a nosa relación co entorno e a nosa innegable pegada nel”. Este sábado ás 11:30 horas poderase ver a película  Wall-e; o venres 20 de marzo, ás 18:30 proxectaráse o filme Glup e o sábado 28 de marzo ás 11:30 horas veráse a película El espíritu del bosque.

Exit mobile version