Site icon Crónica3.com A Mariña

Unións Agrarias informa en Viveiro sobre expropiacións para a estrada da costa

VIVEIRO .- O luns, día 9, no Edificio Sindical de Viveiro, ás nove da noite, Unións Agrarias organiza una charla informativa sobre a expropiación de terreos para o tramo de próxima construcción Celeiro-San Cibrao da Vía Rápida Costa Norte que descorrerá entre Ferrol e Cervo.
O proceso atópase no momento de levantamento de actas previas, que será un dos aspectos que se abordarán nas intervencións, xunto a outros temas, como os dereitos dos propietarios dos terreos en materia de expropiación forzosa ou os trámites administrativos que require unha expropiación.
Para este treito, as expropiacións comezan o vindeiro día 9 de marzo en Xove e rematan o 18 de marzo en Viveiro.
O acto celebrarase no Salón de Actos do Edificio Sindical de Viveiro, o vindeiro luns, ás 21:00 horas. Os relatores serán Hilario Moliner, responsable comarcal de Unións Agrarias na Mariña de Lugo, e José Antonio Diéguez Otero, presidente de Vento Noso e da CMVMC Faro de Argozón, de Chantada.

Exit mobile version