Site icon Crónica3.com A Mariña

A campaña “Dálle a volta” desenvolverase en abril nos IES de Burela, Foz, San Cibrao e Ferreira

A MARIÑA .- “Dálle a volta”, a iniciativa do Observatorio da Mariña pola Igualdade, que pretende concienciar ós mozos e mozas da necesidade de rachar cos estereotipos machistas para poder camiñar cara á igualdade de xénero, desenvolverase nos IES de Burela, Foz, San Cibrao e Ferreira durante o mes de abril.

NOTA DE PRENSA

OS INSTITUTOS DA MARIÑA “DANLLE A VOLTA” ÓS ROLES DE XÉNERO

Durante o mes de abril a campaña “Dálle a volta” desenvolverase nos IES de Burela, Foz, San Cibrao e Ferreira

A boa acollida que está a ter esta iniciativa, promovida polo Observatorio da Mariña pola Igualdade e financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta, reflíctese no interese amosado por seis institutos da Mariña en difundila dentro das súas aulas no seu primeiro mes de posta en marcha.

Logo da súa presentación, o pasado 13 de marzo, no IES San Rosendo de Mondoñedo e do seu paso pola Pontenova, o 3 de abril, durante este mes de abril as vindeiras visitas serán a:

-IES Monte Castelo de Burela, o día 14 de abril
-IES de Foz, 15 de abril
-IES San Cibrao (Cervo) 17 de abril
-IES Ferreira, 23 de abril.

A campaña prolongarase durante os meses de maio e xuño ata o final do curso académico.

“Dálle a volta” pretende concienciar ós mozos e mozas da necesidade de rachar cos estereotipos machistas para poder camiñar cara á igualdade de xénero.

Preséntaselles o concepto de feminismo coma unha das ferramentas para transforma-la sociedade e que nada ten que ver con aqueles falsos mitos que o vencellaban ás ansias de superioridade das mulleres.

Nesta iniciativa, o labor da súa responsable, Carolina García, é que o alumnado reflexione sobre as imposicións que existen na sociedade e que están a impedir que homes e mulleres non teñan as mesmas oportunidades  por pertencer a sexos distintos.

A forma de traballar cos alumnos e alumnas é a través da entrega e crítica duns dípticos de sensibilización e doutro material informativo sobre o Observatorio da Mariña pola Igualdade.
Ó profesorado entrégaselles un enquisa para medir o grao de valoración sobre o principio de coeducación e de igualdade no ámbito escolar.

Exit mobile version