Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG propón unha manifestación reivindicativa en Foz para conmemorar o primeiro de maio

A MARIÑA .- A CIG convida aos traballadores e traballadoras de A Mariña a participar nos actos do primeiro de maio que desenrolará en Foz. Propón a CIG unha xornada con unha “manifestación que con carácter reivindicativo, pero tamén festivo, celebraremos como cada ano”. A marcha partirá da Praza do Conde de Fontao ás doce e media da mañá e rematará diante da Casa do Concello. A parte máis lúdica da xornada terá lugar ao remate da manifestación na que, aqueles que se anoten durante esta semana no local de Burela, participarán nun xantar preto da  praia da Rapadoira

Nota de Prensa

A Confederación Intersindical Galega da Mariña convida a todos os traballadores e traballadoras da Mariña a participar nos actos deste 1º de maio

Dada a actual situación de crise económica e a masiva destrución de empregos, faise máis necesario que nunca saír á rúa, deixar ver a forza da clase traballadora, e contrarrestar a ofensiva mediatica da gran patronal e dos sectores máis retrógrados da política e das finanzas que, aproveitándose desta situación, queren que os lexisladores fagan outra reforma laboral coa conseguinte perda de dereitos para as clases máis desfavorecidas.

“Flexibilización”, “abaratamento do despido”, “redución de impostos”, “axudas as empresas” son conceptos cos que nos bombardean incesantemente aqueles que encheron os petos nos últimos dez anos. Son as mesmas receitas neoliberais que tan bo resultado (para eles) lles deron na última década e que remataron coa actual .

Por iso, dende a CIG convidamos aos traballadores e traballadoras da Mariña a participar na manifestación que con carácter reivindicativo, pero tamén festivo, celebraremos como cada ano no 1º de maio. Nesta ocasión organizamos a manifestación no concello de Foz, con saída da Praza do Conde de Fontao ás 12:30h. para rematar diante da Casa do Concello. A parte máis lúdica da xornada terá lugar ao remate da manifestación na que, aqueles que se anoten durante esta semana no local de Burela (982 581 861), asistirán a un xantar nun restaurante preto da  praia da Rapadoira.

Polo emprego, Dereitos e Prestacións sociais, Mobilízate coa CIG!

Exit mobile version