Site icon Crónica3.com A Mariña

A delegación de Medio Ambiente de Burela repite a campaña “Ti podes dar vida, aforra auga”

BURELA .- (FNC) Do 13 ao 30 de abril estará aberto no Concello e Burela o prazo de inscripción para participar na terceira edición da campaña Ti podes dar vida, aforra auga que se desenvolverá a partires de maio. A edil de Medio Ambiente, Lucía Bouza, lembrou na presentación que “é o terceiro ano que facemos este programa e estamos moi satisfeitos coa acollida que está a ter entre as familias de Burela, de feito na pasada convocatoria a participación multiplicóuse por oito. Animamos á xente a que se inscriba e aos que xa o fixeron a que sigan nesta liña”.
A concelleira socialista suliña que “o obxectivo da campaña pasa por promover unha cultura do uso racional da auga. A familia gañadora da segunda edición logrou reducir o seu consumo de auga nun 32% e conseguiu satisfacer as súas necesidades con moita menos auga da que empregaban de xeito habitual. A reducción media no resto dos participantes estivo no 20%, o que significa un aforro importante para o conxunto de Burela”. Lucía Bouza engade que “deste xeito logramos reducir o consumo de auga e tamén o que pagamos nas facturas que tamén é importante ter en conta”.
As familias que se inscriban para participar nesta campaña  Ti podes dar vida, aforra auga recibirán un kit con perlizadores e outro material para instalar nas súas casas e axudarlles a reducir o consumo de auga. Os interesados deberán anotarse na Oficina de Medio Ambiente de Burela que está ubicada na rúa Arcadio Pardiñas, 137. Os gañadores serán obsequiados cunha viaxe de fin de semana aos Picos de Europa xentileza de Viaxes Terramar da que disfrutarán todos os membros da unidade familiar.
Lucía Bouza insiste en que “cada familia compite consigo mesma e aquela que logra aforrar máis auga, facendo a comparativa cos seus recibos do ano anterior e cos deste, é a que resulta gañadora”.

Exit mobile version