Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberto o prazo de inscrición nas escolas de verán de Ribadeo

RIBADEO (FNC) .- Desde onte está aberto o prazo para anotarse nas escolas de verán do Concello de Ribadeo que este ano volvemos a ofertar 4 posibilidades, xa que ademais das 3 do ano pasado: pesca, surf e piragüismo, ofértase tamén vela. Nas escolas ribadenses poden participar nenos e nenas con idades comprendidas entre os 7 e os 14 anos.

O prazo de inscrición e pago remata o venres 15 de maio. Segundo o concelleiro de Deportes, Vicente Castro “a forma de matricularse e o pago serán os mesmos que nas escolas de inverno. Pais ou alumnos terán que pasar pola OMIX a recoller a folla das taxas, ir pagar ao banco e traer de novo o recibo para formalizar a inscrición”.

Nas escolas de vela e pesca haberá límite de alumnos. Serán15 os participantes na escola de vela e 20 os de pesca que conseguirán as súas prazas por orde de anotación. Castro sinala que “terán preferencia os rapaces empadroados no Concello de Ribadeo”.

Os horarios serán os seguintes:

SURF: Mes de maio: sábados de 15:00 a 17:00 horas.
Mes de xuño: martes, mércores e xoves de 15:00 a 17:00 horas.

VELA: Comezo no mes de maio. Practicarase os sábados. Máximo 15 alumn@s.

PIRAGÜISMO: Meses de xullo e agosto: luns e mércores de 16:30 a 19:00 horas.

PESCA: Meses de xullo e agosto: sábados de 10:00 a 14:00 horas. Máximo 20 alumn@s.

Subida ao Mondigo

Por outra banda, un ano mais e xa van 12, o club ciclista Eo, coa colaboración do Concello de Ribadeo, organizan a subida ao Mondigo en BTT. A cita terá lugar o vindeiro domingo 26 de abril, e a saída será de diante do Concello, ás 09:30 horas, e a chegada ao campo de fútbol.

A distancia a percorrer oscila entre os 45-50 quilómetros, sendo a súa dificultade media-alta, cun desnivel acumulado de 600 metros. Esta nova edición servirá coma tódolos anos para pasar un domingo facendo deporte, ben acompaño e gozar das marabillosas vistas que hai dende o Mondigo e diversos puntos do percorrido.

Para mais información e inscricións:

teléfonos: 669796539 – 600625362 – 982128079

Fax: 982128454

Exit mobile version