Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiros celebra o 100 cumpreanos da súa veciña Francisca Bouso

BARREIROS (FNC) .- O Concello de Barreiros celebrará coa súa veciña, Francisca Bouso Bermúdez, o seu 100 cumpreanos o vindeiro luns 27 de abril. A concelleira de Servizos Sociais, Alina Rodríguez, felicita por adiantado “no nome do alcalde, Alfonso Fuente, no meu propio e no dos meus compañeiros á nosa homenaxeada deste 2009 que cumpre 100 anos o luns”.

A edil barreirense sinala que “a poboación de Barreiros conta cunha taxa de persoas maiores bastante alta, pero gracias a eles temos coñecemento de moitas historias e experiencias vividas ao longo da súa vida e coma tal debemos sentirnos orgullosos. Para nós é un orgullo poder compartir cada ano un momento así cun dos nosos veciños neste día tan importante para os nosos maiores e entregarlles un agasallo como recordo da xornada”. Alina Rodríguez suliña que “en todos estes anos nos que celebramos o 100 cumpreanos dalgún dos nosos maiores, teño que decir que as homenaxeadas sempre foron mulleres”.

O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, o teniente de alcalde, José Manuel Gómez Puente e a concelleira de Servizos Sociais, Alina Rodríguez, acudirán o vindeiro luns ó domicilio de Francisco Bouso para celebrar con ela e coa súa familia este centenario. Alina Rodríguez di que “imos desexarlles que pasen un bó día e levarémoslle unhas flores e unha réplica da fachada do Concello de parte de todos nós. Nosoutros gozamos con eles facendo estes actos todos os anos en Barreiros”.

Francisca Bouso Bermúdez naceu o 27 de abril de 1909 na Fonsagrada, pero leva a maior parte da súa vida vivindo en Remior (Barreiros).

Exit mobile version