Site icon Crónica3.com A Mariña

Concerto de Marosa Jazz Project no Auditorio de Burela

BURELA .- O próximo venres, 3 de abril o grupo burelés Marosa Jazz Project, ás 21,20 horas, no Auditorio de Burela ofrecerá un concerto como parte da programación de primavera do concello. O grupo musical está formado por Roberto Bouça, que toca o Saxo Alto; Israel Arranz, que fai soar o Vibráfono e MalletKAT; Mario Arranz, interpreta o Baixo Eléctrico, e Eusebio López, percutindo a Batería e Caixón Flamenco. O grupo conta co seu propio blog www.marosajazzproject.blogspot.com

Este cuarteto-proxecto dáse a coñecer oficialmente o 30 de Xullo de 2008 con motivo do I SEMINARIO de Jazz de Burela.. Os seus integrantes teñen, pese á súa xuventude, unha recoñecida e dilatada traxectoria musical.

Dentro do xénero jazzístico, o seu estilo predominante é o latin-jazz, como se aprecia tanto no repertorio como nos arranxos dos temas. O seu repertorio e interpretación están claramente influenciados, entre outros, polo traballo musical da agrupación “Caribbean Jazz Project”, fundada na década dos 90 e liderado polo virtuoso vibrafonista Dave Samuels.

Destacan colaboracións musicais como as do saxofonista José Nine e do pianista Javier Constenla e pola supervisión dalgúns dos arranxos por parte do vibrafonista Arturo Serra.

Actualmente traballan na gravación do seu primeiro disco con temas inéditos, na preparación de diversos concertos e nunha xira de actuacións en Palma de Mallorca.

Arranxos dos temas realizados por Israel Arranz

Programa:

1. BLUELLESPIE……………………………….Paquito d´ Rivera
2. LADY BIRD…….………………………….…….Tadd Dameron
3. CALABASH………………………………..…………Andy Narell
4. RAPTURE….…………………………………………Harold Land
5. LONNIE´S LAMENT…………..……….……..John Coltrane
6. GREEN DOLPHIN STREET………….Washington/Kaper
7. LA FIESTA…….……………………………………..Chick Corea
8. CARIBE…………….……………….…….……..Michell Camilo

Exit mobile version