Site icon Crónica3.com A Mariña

Debate en Burela sobre a Lei do aborto organizada polo CC Buril

BURELA .- O próximo sábado ás 12:00 no salón de conferencias de Burela (Antiga biblioteca) o Colectivo Cultural Buril organizará unha mesa redonda para tratar o tema do aborto. A mesa de debate contará coa presenza de destacadas representantes do PSdG-PSOE e do BNG. Polo primeiro falará Laura Seara e polo segundo Tereixa Novo. Así mesmo tamén participará na mesa redonda facendo unha contextualización de cal é a situación actual en relación ao aborto a avogada Luisa González. A moderadora do acto será a xornalista, intérprete, tradutora, revisora lingüística e investigadora Olga Castro.

Exit mobile version