Site icon Crónica3.com A Mariña

Madeiristas asumen a reparación dos estragos que causen nas vías públicas do Concello de Cervo

CERVO .- O Alcalde de Cervo, Alfonso Villares, asinou un convenio cos representantes da asociación de empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo co obxecto de garantir o bo uso dos servizos de titularidade municipal. As empresas maderistas comprométense a reparar os danos que causen nas vías públicas nas a durante os traballos de explotación forestal.

Nota de Prensa

O convenio protocoliza os pasos e trámites administrativos que deben seguir as distintas empresas que desenvolven traballos de corta de madeira no termo municipal

CERVO ASINA UN CONVENIO COAS EMPRESAS MADERISTAS POLO QUE ESTAS SE COMPROMETEN A REPARAR OS DANOS QUE CAUSEN NAS VÍAS PÚBLICAS NAS OPERACIÓNS DE APROVEITAMENTO DOS MONTES

•    O acordo asinado na tarde de onte agrupa ao 90% das empresas que traballan no termo municipal cervense.

•     Os empresarios madeiristas asumen a obriga de reparar os estragos causados nun prazo non superior a 20 días despois de rematados os traballos de corta e aproveitamento forestais.

Cervo, 17 de abril de 2009.- O Alcalde de Cervo asinou un convenio cos representantes da asociación de empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo co obxecto de garantir o bo uso dos servizos e accesos de titularidade municipal no proceso dos aproveitamentos forestais do monte e garantir en todo momento a súa correcta conservación. Os empresarios madeiristas comprométese a promover e a procurar entre os seus asociados e as empresas de extracción e transformación encargadas da explotación do monte, que estes cumpran coa súa obriga de reparar os danos que efectivamente causen e tamén os posibles estragos provocados nas vías e camiños de titularidade pública.

Participaron no acto de sinatura do convenio, celebrado na tarde de onte na Casa do Concello, o primeiro edil Alfonso Villares Bermúdez, e o presidente desta asociación, Daniel Villapol Valea, quen estivo acompañado de empresarios pertencentes ao eido afectado por este convenio.

NOVO PROTOCOLO DE ACTUACIÓN

Grazas a este convenio protocolízanse as relacións que teñen as empresas madeiristas co Concello de Cervo. Segundo o acordado deberán solicitar unha licenza de traballo nas oficinas municipais na que figurará o permiso de corta. O Concello, rematados os traballos de aproveitamento, procederá a comprobar o bo uso dos servizos e vías municipais mediante a expedición e sinatura dun documento acreditativo, sempre en presenza dun titular da empresa madeirista. De terse producidos danos directamente imputables á empresa ou ao propietario nos bens do concello notificaráselle á empresa para que no prazo de vinte días se proceda a reparalos.

FLEXIBILIDADE

En todo caso os prazos poderían verse ampliados de mediar circunstancias especiais (choivas, traballos doutras firmas, etcétera) que serán valoradas e aprobadas polo concello. Do mesmo, xeito, ao remate do prazo comprobarase polo concello a adecuada restitución dos bens ao seu correcto estado, dándose, de ser deste xeito, por concluído o expediente.

COMISIÓN MIXTA: COLABORACIÓN PERMANENTE

Concello de Cervo e as empresas que agrupan ás principais empresas madeiristas comprométense tamén a crear unha comisión mixta –integrada por representantes de ambas partes- que ten como obxectivo principal analizar a situación do sector en cada momento así como resolver posibles conflitos que poidan xurdir no periodo de vixencia do convenio.

Este órgano paritario tamén servirá para establecer acordos para o bo desenvolvemento da actividade forestal no termo municipal do concello e o aproveitamento sostible da riqueza natural dos montes.

AMPLIACIÓN DESTE CONVENIO

Asemade, fontes municipais apuntaron que esta fórmula de acordo se estenderá proximamente á asociacións de propietarios de montes e productores de madeira da zona, cubrindo así a práctica totalidade das operacións forestais realizadas no termo municipal. Así, destacaron que xa existe acordo previo para a sinatura deste tipo de convenio con PROMAGAL, Asociación de Productores de Madeira de Galicia, polo que se podería outorgar o visto e prace ao acordo en breves días.

Deste xeito, Cervo e madeiristas acordan traballar dun xeito conxunto para conseguir que o aproveitamento dos montes se desenvolva de conformidade aos criterios actuais de sostibilidade e respectando en todo momento o bo estado das vías e bens de uso público. Ambas partes pactan e comprométense a seguir un protocolo de actuación que ofrece unha serie de beneficios mútuos e que ten o seu obxectivo final na defensa do interese xeral. Deste convenio resultarán especialmente beneficiados unha gran número de veciños e, en especial, todas aquelas comunidades vinculadas co sector forestal.

Exit mobile version