Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela cita a empresarios e propietarios da “zona comercial industrial” de O Perdouro

BURELA (FNC).- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, convida a todos os empresarios de O Perdouro e ós propietarios de terreos nesa zona a acudir á xuntanza informativa que terá lugar mañá xoves ás 19:00 horas no salón de pleno do Concello.
O rexedor dixo que “mandei unha invitación ós propietarios do polígono do Perdouro, tanto ós que teñen naves alí agora coma ós que contan con terreos para poder edificar. Invitéinos á reunión que imos ter mañá cos técnicos de Urbalia que foi a empresa que nos levou todo este proxecto de organización de O Perdouro para que asistan a unha sesión informativa onde explicarán o que se fixo co proxecto e que é o que se pretende”. Llano engade que “tamén estaremos dispostos a escoitar todo o que nos queiran contar, chegar a acordos e ver a onde nos pode levar esta mellora do Perdouro e darlle unha calificación de zona comercial industrial que nos sirva para ter unha referencia en Burela e que todo o mundo salga ganando, tanto os que están alí agora coma os que poidan estar no futuro”.
Alfredo Llano agarda que “a zona se complete rápido e que sirva para aquelo que nós pretendemos que é lograr máis emprego e maiores servizos para Burela. A reunión será mañá xoves ás sete da tarde no salón de plenos do Concello e agardo que todos os que estean interesados poidan acudir”.

Exit mobile version