Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela e o edil de obras viron con responsables de Costas obras que se acometen nas praias

BURELA (FNC).- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o concelleiro de Obras, Pascual Doménech, mantiveron un encontro con responsables de Costas para facer un seguimento das obras que este departamento está a realizar ou realizará nas praias do concello. O rexedor considera que se trata de “cinco actuacións que no seu conxunto beneficiarán moitísimo a integración do turismo en Burela”.
30.000 metros cadrados de zonas de h
Llano explica que na praia da Marosa “se acometerá unha actuación moi importante, xa estamos na fase de licitación do proxecto. Alí váise facer unha grande área recreativa que abarca uns 30.000 metros cadrados e na que haberá zonas de deportes para adultos e para nenos, xardíns dotados con mobiliario urbano e zonas para poder disfrutar de xantares familiares. É unha zona moi grande que da para facer moitas cousas”.
No caso da praia de Ril “consideramos que este ano se empezará a mellorar a zona de aparcamento, e tamén se van construir casetas para os socorristas, servizos hixiénicos e un área de xogos infantís”, segue a relatar o rexedor burelés.
A PRAIA DO PENOURAL CONTARÁ CUN ÁREA DE ESTACIONAMENTO PARA AUTOCARAVANAS
O alcalde engade que na praia do Portelo “poñeremos tamén unha caseta para os socorristas, eso xa está en fase de proxecto, de feito onte estivemos a ver tres posibles modelos e calquera podería servir para instalar neste areal. Colocaremos tamén iluminación para favorecer a práctica do deporte  no mar e na área destiñada a este fin e tamén colocaremos unha pasarela peatonal e unha rosa dos ventos. No Cabaliño faremos tamén actuacións similares e na praia do Penoural imos construir un acceso para minusválidos e imos demoler unha nave que no seu día se adicou ó peixe e que agora lle da moi mal aspecto a toda aquela zona. Váise tirar e alí imos crear un área de estacionamento para autocaravanas, con catro ou seis prazas e haberá tamén zona de deportes para nenos e maiores”.
Llano suliña que “no paseo marítimo de O Cantiño que ten uns 3 kilómetros de lonxitude imos poñer alumeado para que se poida pasear pola noite. Esta obra xa a estamos a rematar na actualidade”.

Exit mobile version